Trebón

“Que sería do verán en Ourense sen un bo TREBÓN? Sen esa descarga súbita de enerxía que producen algúns corpos inquedos e que non fan máis que esparexer lóstregos e tronos cando confluen nun mesmo sitio… estades de sorte, sabemos onde e cando vai acontecer isto! Será moitísimo mellor que ir ver o eclipse.”

Así presentamos este evento que aconteceu o 23 de xullo do 2026 na galería Dodo Dadá, en Ourense. Un Trebón con Alfonso Rodríguez e Óskar Eukesei lendo os seus textos, Adriana e Cucha creando imaxes en movemento con proxectores de transparencias, e o “ruído” provocado por Nocturno e Rosebud de Vlfxvrz, Tatiana, Josechu, Abarrategui, Xema e Gala.

 

 

Trebón na rúa Liberdade