21/09/08

CAPÍTULO I

Acaso non vemos a chuvia nos cristais, as tellas e os faiados, a lus debaixo das sabas. Orín no verán, as gaivotas aniñan.

Quero contar unha historia que pode ser de novembro ou non, pode falar de mitoloxía metafísica ou os contos fantásticos de Adriana.

Por que ler este libro ou aquel, por que queixarse de vicio, por que nos apagamos con cansanzo e por que o azúcar dá enerxía.

Plantexar onde estamos e onde estamos, mirar máis alá das montañas; hai días que está cuberto de semen de Deus, outros de anti-océano.

Pero por que queixarse sucesivamente, ambigüamente por todas as razóns. Por que nadar é aburrido, por que dá frío o desvertramento das almas, por que hai institucións capaces de pagar a maniatada transportación, a base de hostil petróleo provinte de razóns olvidadas de cadáveres.

Sei decir pepiñas de cabazas, sabes decir inmaterialismo do ser, sabe decir gol, sabemos decir bós días, de acordo, ata logo.

Non é complexizar, é irse a pasear, non é comer e xa está, non é pedir desculpas, non son os muros nen as tenebras, non é o millo tranxénico nen rozamentos cos pés e amar e máis sinxelo ás veces e outros días tamén sentín un arrepío provinte do interespacio ou sucumbín a cadeiras de espanto.
Seguramente a música sexa envexable e aritmética e seguro que o presidente dos Estados Unidos caga de cor marrón ás veces.

Pero non quero decir amén nen aprender exactamente latín. Quérote a ti, fixácheste en min e eu en ti: iso significa amor. Guerra significa armas, morte, ter medo da morte, atragantarse coa morte e non saber rir ás veces e perder os papeis e facer uns novos ou ataladrarte o cranio. Sen embargo: pretendes.
Que nos ensinaron, que ensinan con eses aparátos. Comemos plátanos, algunha vez berenxenas. A min non me gusta o fígado, nen o sangrado corazón.

A opulencia é mala conselleira e os apelidos da Xunta están feitos para rirse como o Clube da Comedia ou como o Guiñol do espello que se lava con estropallo para rebentarse as vexigas de auga e pus.
A televisión irrita, trasloce, contente e non vomites pascuas ao paredón. Perdón, non gusta pedilo porque reclámase outro tipo de xustiza. Reclámase ás veces a extinción, máis que nada para compensar o desequilibrio. E eses morriños que pós de boa educación sexual de cricas molladas de ventás amarelas pola nicotina e mel de pulmón. Non rís se estás chorando por cebolas, fumes ou polo mermísimo abecedario anglosaxón.

Orgasmatrón e cine reinventado con mel apodrecida de terror minifundio.
Paro e prendo un cigarro e acórdome que estou no paro, claro, por iso cago.
Hai dúas persoas falando e escoitando e ás veces equivócanse, nadan en fluxos de salivas palabras e boa e mala sorte, pero quérense para todo isto e moito máis. Vaia, dánse moitas casualidades nestes parámetros da vida de aquela tal día que renunciaba as drogas pero sucumbiu no fango de galletas con leite morno e adiante cabalos do renacer.

A agulla herdou da familia a omilía bucal que conseguiría a saúde inerte e permanente como para dar vida de sensación e política global que se extendería cara ao abismo da patrulla dos gatos que corrían polas vías alternativas de bares e chiringuiños rasurados nunha cadea local.
Trompas e esqueletes mergúllanse no viño e eu estupefacto caio ante os encantos deses alaridos dalgunha mal cantante que non cantaba precisamente duduaaa. Podería de novo importarme ou importarche pero son as cousas claras e baixas da castidade ata os enormes parisínos que engolen a materia dourada de luns grises e enservelletados de dúbedas ou non.

Oh! Sí, ti és unha rapaza de hoxe eu son un aramiado de onte con raíces de sepultura e campionatos de futbolín. Sabes fago isto por iso do aburrimento, ese tema tan debatido no que existe unha conclusión permanente, non se existe e ademáis sen xogar en serio pode ser que o releído e o relamido de sol con brillantes colofóns de antes de onte. Podería subir a unha árbore e decirlle ao tío vivo, he, he, que risa me dá o chu chu train e a primeira novela de escritura automática que realizo.
Tamén sei escribir sen ser automáticamente, por exemplo vai aí un exemplo dunha escritura semi automática (ou pretendendo)
Sorrías
Choraba
As patas
Ao final da cama
Soñabas
Lía
Necesitaba
Un empuxe
Para poder soar
O nariz
Cara min
Ti sigues soñando
Eu sigo durmindo
Aquel abecedario
Era bretón
E o señor aquel
Vende periódicos
Nun rincón!!

Outra forma sería a reflexiva ou encadeada ou perversa segundo obviamos, de todos os xeitos fagamos un experimento e releguemos o abstracionismo automático automático con tintes de inconsciencia controlada para controlarnos máis. Así, pouco a pouco.

Escoito a radio, teño frío nos pés e a gata está quentiña, non como os meus pés. Non como ela que tén gripiña. Vemos películas e todavía non temos caries. Teño morro. Non hai documentación. Non hai traballo. Chámanme compulsivo, chámanme bipolar, e que máis dá, se hai días que si me dá esa sensación de necesidade permanente de ti e non cuspo e trago para alimentar mellor de novo a sensación de poder criticar, sen entrar nun bar, no sofá que estou farto de tanto mentecato, que non me gusta isto e aquilo, que teño as miñas propias normas que foron transmitidas ao longo de moitas mentes e extendéndose polo tempo amodo que te vas. Chao meu amor.

Non ao antimilitarismo, que non exista para que non existan os que teñen necesidade de militarizar o mundo e os panos cos que limpamos conciencias adobadas de Anesvad e Opus Dei. Dílle que sí, que a miña con cogoumelos e doble de queixo. Italia é unha puta. O arroz negro estaba mareado e eu reescribín a biblia en papel de bater dos de cen pesetas que rasca o cognac que bebe ese con periódico local e con tranvías chamados antergos que levan na cabeza, unha caixiña de música chea de erratas e de ratas.

Diálogo para besugas e troitos sen ancas:

-queres máis? (replicou)
colocóuse o mantel e devorou as migas
-queres máis? (engadiuX2)
Non fai falla que haxa unha puleirada
Notou un pinchazo na pústula

-...por outra parte sénteste na necesidade de presionar así ao rexidor, cando todavía non lle felicitaches polo cumpreanos de aquel día que cumpriu os 47, estando desconsolado e ademáis ingresando cadaver antes de onte a súa difunta tía-avoa que xa sabes que perecía a pena en pena vixía do condado do conde que era marido da condesa e ela a súa vez tocoulle tocar un piano sen teclas pero coa súa dentadura mestiza e bogavante.
-non sei de que me falas Arturo
-queres un puro?
-non que me apuro!
-engade unha máis
-quero saudar a “Juana la loca”, “Juana de Arco” e a “lagarta Juancha”
-Enjanchados nos vemos. Enchutados: Allan Poe sum.

Directos entón á primeira liña das risas compulsivas de Eleonor e gallifanta. Manolo outro sol e sombra, cunhas gotas de Marqués de Virolla. Sí. Fóise e engadiu que ésta está en ésta estamenta de primeira división que arcada ocorreu mentras levantaba a pata esquerda traseira e facía pis.

Con pasos de tartaruga e en fin pilarín que queres que che diga senón dígame cando soa o móbil e él colle o automóbil que emite heces á atmósfera de dios e etcétera tiña dúas irmás mellizas que berraban baixo unha noite de saxofón con mandarinas enlatadas nunha sombrilla de inverno invertebrada e apocalíptica e sopor con tres e sensación de agri-doce e agropecuario con terra nas botas e patacas no xinzo de limiar con touradas en Castela e un león que mira para Colón o mellor deterxente con olleiras e cansanzo.
Mel con pernas lamendo superficies mullidas e gañas de morder e gañas de verter. Menuda metedura de coito e palla en man.

Os teus dedos vertixinosos quedan como relámpagos na miña existencia.