SI HACES POP YA NO HAY STOP
Plop! Descorchóuse a botellaQue felicidade escumosa e brilante
Observar, ver, aprender e coidarte
De ti mesmo e dos demáis
Subido alá arriba, superada a vertixe
Sínteste alto, sínteste ben e claro, ves!
Mais non deixa de ser triste
Pensar que os zombis existen
Están aí ao redor teu e ás veces ti tamén
És ún deles ogallá non máis
Zombis coa cabeza agochada e agachados os ollos no chan
Que obviedade, o manipular, velo tan claro; é enrevesado
Quitarche e darche a felicidade sen máis
Quítanche uns medos, colocan outros
Nin piores, nin millores
Quizais amores, quizais terrores.
Nas periferías e nas cidades invisibles
O frescor non existe…
Existen as ratas, as matanzas
A ignorancia, a soedade e a guerra
Que privilexio de mundo
Daste de conta de que hai quen sufre moito máis
Xa o sabías mais non é igual
Nós tamén bastante sufrimos
Ao estar arrodados de santos e santas
Con garabatas lustradas, con garabatas luxadas
E con mercenarios de pasta ferralla
Que abren e pechan e moven ficha…
Ei picha… pónme un sol e sombra!
A ver se o papa a espicha!
0 Comentários:
Postar um comentário
<< Início