CONTINUANDO
O novo sol engalánase tras nubes e logo flota só no azul. Relatividade tinxida de amargor de boca exhala a casa.Cando escribo estas liñas, escribo estas liñas. A negatividade mental é un mal común, en min o común de todos os males.
Fun mercar uns absorventes para seguir retendo augas salgadas nas retinas de buracos expulsatorios de desfeitos.
Cando abro os ollos retorno da iconosfera onírica. Ultratumba non me atrevo a decir nin de soños nin de pesadelos.
Limbo de baba do que costa desfacerse enganchado ao pensamento. Farto de mostras e de traballar no meu laboratorio-labirinto observo eses guindastres que constrúen e deconstrúen novos amaneceres de Babel.
Subir ao faiado xa aburre e aplasta. A subida da luz, a ascensión é unha virxen festiva que se divirte nas carreteiras tortuosas dalgunha ponte calqueira.
A baixada do gas ao soto pódese tildar de comprensible, xa que retorna ao ponto de partida.
Alpinismo de piscina, vexigas e bolsas ascenden ao din don e o xogo debe continuar para poder avanzar.
Cara onde?. Non o sei, pero iso é o que din.
Todos lanzan mensaxes e algúns somos receptores con antenas inverosimis. Algúns lanzan mensaxes e todos somos receptores con antenas.
E cando te miro ás veces non acordo de quen és, resulta un sacrilexio esquecerte por min pero son mergullador de pantanos e salgueiros e as bomboas comezan a obstruirse.
Non quero dar pésames tóxicos os días que poderían ser felices, pero é que intúo que a terra rota é depósito de sangue.
Non necesito ser práctico nin canónigo, nin preciso farturas. Só quero recuperar o tema da laminación, da autoprotección. Terei pel para algo máis que a sensibilización cotiá e morna?.
Na montaña un día berraba e o eco respondía volvendo entrar e o pin pon cotián perverso sen ton nin son, é o din don ou ring de quen te chama para ir boxear nalgures.
Non quero ser xeremías nin sufrir daltonías nin carecer de ethos. Tampouco necesito pinchos internos nin a cursilada de florecer “joder”!.
Simplemente quero desprenderme dalgúns tóxicos aos que estou adicto, non só pola mea culpa
senón por outras culpas meas e súas too. Pero para isto non quero centro nin esquerda nin menos aínda dereita.
Era o de ser equilibrista, calendario, abecedario e desterrar certas cousas á terceira división ou xubilar outras agora que se me veñen as canas enriba.
E que me volvan as ganas de desperezarme cara ti, sen máis abrigo que amor que tanto empregamos como palabra que tanto esquecemos como acción individual de cambio.
Non basta coa comprensión, nin sequera coa identificación ou repulsión. Necesitamos cantar e destensar, porque o coitelo oblícuo pódenos cortar e non estaría ben rompernos en cachos sen ter polinizado o campo de estrelas, cogomelos e abecedarios.
Sen crear as partituras para non chegar máis que ao noso fin.
En definitiva, sen deixar de mastigar e maldixerir senón de aprender a vivir sen dictados propios ou alleos.
Espontáneamente perder a voz, que non a cor, e camiñar, camiñando e continuar... Continuando!!!
0 Comentários:
Postar um comentário
<< Início