10/04/08

OLIMPICAMENTE

A cuestión non é se se debería sabotar o facho olímpico, ou os xogos olímpicos no seu coxunto, deste verán na China, pola súa represión aos disidentes do Tíbet. A cuestión non é a hipocrisía dos gobernos europeos con respecto a este conflito. Incluso a hipocrisía de toda a comunidade internacional. A cuestión non é que Amnistía Internacional e outras ONG´s e institucións digan que os valores olímpicos deben prevalecer e recomendan coa súa occidentalizada mentalidade que non se debe boicotear a investidura ou os xogos no seu conxunto pero contradictoriamente desgañítanse na defensa do Tíbet e dos seus represaliados…

A cuestión non é que fagamos un pouco de memoria polo dos xogos olímpicos de Barcelona e outras historias que tiveron lugar no estado español hai uns anos. Onde se puido observar a moitos niveis moitas das críticas que se lle fan ao goberno chinés agora mesmo: barrida de pobres, detencións de disidentes, tiros na Expo 92, especulación inmobiliaria, despilfarros de todo tipo e quebra da economía dun país amáis do seu potencial político en toda regla moito máis alá deses supostos valores olímpicos.

Non, esas non son as cuestións de fondo nin tan siquera que en todas as olimpiadas todos estes factores danse en maior ou menor medida nos países onde se celebran. Nin a cuestión estriba en que case ninguén acordara do Tíbet ata o de agora. Tampouco estriba en que os exiliados tibetanos procuran un retorno feudal e unhas condicións nun Tíbet independente para nada lexítimas nin de xustiza senón todo o contrario. Non se trata dun partido China-Tíbet. Non se trata da cobardía/interés occidental cara o monstro económico co seu potencial imparable que é a China… en definitiva non se trata da dobre e ata triple moral internacional. Trátase de que non sei quen se cré agora mesmo iso dos valores olímpicos, da chama da concordia entre os pobos, da paz internacional, dos valores humanos de convivencia e de deportividade olímpica. Trátase dos maiores espectáculos feitos no planeta terra para o capital, para a élite deportiva e todos os seus resultados económicos e de alianzas e outras consideracións para os gobernantes deste planeta terra. Trátase dunha falacia brutísima de ir pasando a testemuña de país en país onde se produce fame, guerra, destrucción e morte. Non só no Tíbet, non só na China senón no Iraq, en Somalia e outros países de África, en Afganistán, en Pakistán, en Palestina e outros países do Oriente medio. De que existen conflitos e guerras e salvaxismo capital-homicida no Báltico, en Suramérica e nos propios territorios occidentais e asiáticos.
Non é posible que traguemos que todo isto fáise pola libre competición en irmandade dos pobos do mundo. Non se trata de que nos chupemos o dedo a estas alturas do século XXI con todas estes eventos calculados, ao igual que os circos electorais, cada certos anos, queréndonos atontar con unha serie de valores televisivos que se contrapoñen a un mundo creado polos mesmos creadores das olimpiadas que cheira a sangue, a morte e a guerra total entre os povos do mundo e non ao contrario por moita olimpiada vendible que vendan…

Trátase en definitiva que as olimpiadas, todas as olimpiadas apestan e moitísimo e que mentras as condicións de vida das persoas do planeta sexan as que son o boicot ás mesmas debería ser contínuo e absoluto. Porque a miseria está en todos os aneis da bandeira olímpica e tan só valería, como o resto das bandeiras, para limpar certas partes da humanidade nosa.

2 Comentários:

Às 11/4/08 , Anonymous Anônimo disse...

Bravísimo

 
Às 7/8/08 , Anonymous Anônimo disse...

ísimo ísimo ísimo

 

Postar um comentário

<< Início