06/04/08

DESEMPREGO

TENTATIVA DE PENSAMENTO CRÍTICO APLICADO AO TEMA DO DESEMPREGO DENDE A MIÑA EXPERIENCIA E COÑECEMENTOS.


(isto é un traballo académico non evaluado e nulo, polo tanto, síntome ética e moralmente amparado para publicalo por ese mesmo motivo)


Tal e como concibo eu o pensamento crítico e despois de ler os apuntamentos sobre o tema da asignatura Fundamentos Científicos apelo á súa aplicación non só nos ámbitos da vida social e chamémoslle máis rutinaria, senón na aplicación deste cara aos medios de comunicación e a clase política e outros intereses corporativos que segundo a miña opinión cometen as falacias máis importantes e grandes, polo inmenso poder que teñen sobre o que hoxe é tildado de “cidadanía”. E quero focalizalo no tema do desemprego, onde tentarei poñer exemplos análogos aos que inclúen os apuntamentos porque están pragados, ese datos, tanto da clase política como dos medios de comunicación de sesgos, manipulacións, falacias e toda esa ristra de barreiras que inclúe o dossier sobre o pensamento crítico, que levan a ocultar, baixo o meu prisma, unha morea de información, e o que é máis importante manter a ignorancia na “cidadanía” da problemática do traballo e o desemprego.

Está concebido de maneira errónea que os argumentos, conclusións, e razóns, así como fontes de información (estatísticas, opinións) do goberno(s) e os medios de comunicación en determinados aspectos son verídicos e indiscutibles.

A unha grande parte da “cidadanía” que non puido ou pode ser pensadora crítica por múltiples motivos, éntranlle estas informacións como “palabra de Dios” cando razoando, comparando, buscando fontes e informacións reais sobre o tema do desmprego, pódenselle dar a volta a innumerables informacións que son emitidas nos telexornais e telediarios cada “x” tempo sobre, por exemplo, a cantidade de desmpregados que existen.

En primeiro lugar habería que preguntarse que é ser desmpregado? Por un lado existen miles e miles de persoas que traballan ilegalmente dende sempre, non só coa inmigración, e que son consideradas desempregadas. Pero isto non é así exactamente, xa que, moitas destas persoas ao non estar apuntadas na oficina de turno (Servizo galego de colocación, INEM…) non figuran en datos e estatísticas como traballadores en activo.

Por outro lado existen miles de persoas anotadas na seguridade social que non traballan realmente senón que están aí na procura de ventaxas sociais…

Habería que comentar tamén os centos de traballadores normalmente asociados ás administracións que non teñen función específica a realizar (eu coñezo algúns deles) polo tanto realmente non laboran, sen embargo, son traballadores en activo para a sociedade.

Outro exemplo son os millóns de mulleres que ao non estar anotadas no INEM non están consideradas como traballadoras nin como desmpregadas e que levan decenas de anos traballando realmente para soster familias, parellas, etc. Agora comezan a existir tamén casos de homes na mesma situación.
Estudantes que teñen que estudar máis anos que nunca, non soen figurar moitos deles nas listas de poboación activa, xa que, non están apuntados… e podería seguir así con moitos máis exemplos (pensionistas, discapacitados, nenos etc) para presentar as falacias dos datos de desemprego que cada mes aparecen nas pantallas de televisión ou nos xornais en forma de estatísticas e reviravoltas varias.

SESGO DE CONFIRMACIÓN:
“o paro aumentou en Galiza neste mes de outubro en 1.200 persoas; pero se nos remitimos aos últimos seis meses, o paro en Galiza tivo unha baixada de 253 persoas”
Ata onde se chegaría en meses ou anos para dar unhas estatísticas positivas xa de por sí sesgadas?

AMBIGÜEDADE:
“o paro baixa no mes de xullo” ”no conxunto do estado subiu en “x” persoas pero na nosa comunidade o paro baixou”
Da mesma maneira poderíase escrutar a realidade de que en A Coruña e Pontevedra baixou pero en Lugo e Ourense subiu.

EXPRESIÓNS PECHADAS:
“para o ano 2010 alcanzaremos o pleno emprego”
A que se refiren exactamente con esta expresión? Segundo teño entendido hai uns baremos mínimos e máximos para dilucidar isto. Entón? Por que o chaman pleno emprego?... e aínda máis: como vai ser pleno emprego se como comento na introducción iso non é así?

EUFEMISMOS E DOBLE MORALIDADE:
“baixa de maneira decisiva o desemprego no conxunto do estado neste mes de agosto”
(un mes antes as estatísticas ao respecto significaban os piores datos posibles en moito tempo. Omítese que agosto é un mes onde existen moitísimas contratacións para a atención, sobre todo, de turistas e negocios propios desa época determinada, baixas vacacionais etc)

CONTIDO EMOTIVO:
“as expectativas en materia de emprego para este 2007 son formidables”
Típica linguaxe política de goberno capaz de transmitir esa esperanza que tanto precisa a sociedade.

IMPLICACIÓN FALSA:
A industria mediática como portavoces de signos políticos e de gobernos de turno sabe, e a isto me refiro, con este traballo, como mostrar datos e ocultar e sesgar outros. No terreo do tema do paro e a maneira de mostralo é evidente. Cando os datos son “positivos” anúnciase “a bombo e platillo”. Cando son “negativos” aparece de maneira rauda e veloz a información referida dentro dos bloques de distracción anteriores e posteriores.

VAGUEDADE OU INDEFINICIÓN:
“acabaremos co problema do paro en España”
(sen palabras)