DECLARACIÓN DO VI ENCONTRO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES |
|
Tirado de ingobernable.bitacoras.com |
|
Nós denunciamos que, para satisfacer o consumo desenfreado de recursos dos Estados Unidos e os seus aliados en Europa ou noutras partes do mundo, impulsan guerras a través do mundo e impoñen tratados económicos que impiden a soberanía alimentaria dos pobos, confrontan a súa autonomía política, a paz e o dereito das persoas a circular libremente. Eles fan isto en nome da guerra contra o terrorismo. Usan as organizacións financeiras internacionais (FMI, BM, OMC), impoñen os tratados e crean áreas ditas de « libre comercio » para as transnacionais quen sacan destas guerras enormes ganancias. Estas políticas causan o esgotamento dos recursos naturais, que son propiedade dos pobos que sempre as valoraron e usado para producir alimentos e medicinas. Estas guerras acompáñanse de múltiples formas de violencias, particularmente cara ás mulleres, as cales son violadas, violentadas, prostituídas, usadas como escravas sexuais e asasinadas; as mulleres sofren traumas físicos (mutilacións, feridas e o incremento do VIH/SIDA) e traumas sociolóxicos profundos. Denunciamos os feminicidios e a utilización do corpo das mulleres como terreo de batalla e botín de guerra. Estas políticas aumentan tamén o tráfico de seres humanos, particularmente de nenas e mulleres ás que se lles considera o seu corpo como mercancía, fonte de ganancias para as organizacións criminais. Hoxe en día, as ganancias adquiridas da trata de mulleres e da prostitución constitúen a terceira fonte de ganancias no mundo, despois do tráfico de armas e de drogas. Estas guerras destrúen as poboacións civís, causan desprazamentos, privan ás campesiñas e campesiños do acceso á terra, ao auga e, polo tanto, impídelles a produción de alimentos necesarios para a súa supervivencia. Por varios anos, existe a circulación dunha gran cantidade de armas, como na rexión dos Grandes Lagos Africanos, en Colombia e, a través do mundo onde existen conflitos armados desde moitos anos. Ademais, vimos a instalación de bases militares e de bloqueos políticos e económicos, como nas Filipinas e en Cuba respectivamente, así como noutros países do mundo. Hai territorios ocupados e invadidos por forzas estranxeiras onde os gobernos perden a posibilidade da súa soberanía. Nós, denunciamos particularmente as intervencións militares de EE.UU. en Irak e Afganistán, as agresións e a ocupación de Israel en Palestina e noutros países árabes. Nós esiximos o retiro de todas as forzas que ocupan estes países, o desmantelamento de todas as bases militares, a destrución das armas e o fin dos bloqueos políticos e económicos. Nós recoñecemos que as mulleres dos pobos indíxenas, poboacións indíxenas, poboacións tradicionais e afrodescendentes son sabias e protectoras da natureza. Esiximos respecto dos seus territorios e culturas. A p rivatización dos recursos naturais, a auga, o aire, a biodiversidade e a propiedade intelectual causan unha perda de soberanía e o empobrecemento xeneralizado dos pobos e as nacións. As guerras e os ataques á soberanía dos pobos son froito do modelo patriarcal e capitalista que denunciamos e rexeitamos. Tamén denunciamos o deterioro das responsabilidades sociais dos Estados, a perda de soberanía e de lexitimidade dos gobernos, onde a corrupción e a impunidade reinan. Cando un goberno sométese aos dictames doutro país ou dunha institución financeira e cando a procura de ganancias faise en detrimento do benestar das mulleres, dos homes e dos pobos e constatamos un retroceso enorme no respecto aos seus dereitos. Nós apelamos ás nosas aliadas e aliados a unirse nesta loita. ¡Xuntas e xuntos poderemos cambiar a vida das mulleres. Cambiaremos o mundo! Lima, 9 de xullo de 2006. Fonte: Declaración del VI Encuentro de la Marcha Mundial de las Mujeres |