|
Aquí tedes, en canto e alma, ao home
Aquel que amóu, vivíu, morreu por dentro
E un bó día baixóu á rúa: entón
Comprendéu: e rompéu todos os seus versos.
Así é, así foi. Saiu unha noite
Botando escuma polos ollos, ebrio
De amor, fuxindo sen saber a onde:
Onde o ar non apestara a morto.
Tendas de paz, brizados pavillóns,
Eran seus brazos, como chama ao vento;
Ondas de sangue contra o peito, enormes
Ondas de xenreira, vede, por todo o corpo.
Aquí! Chegade! Ai! Anxos atroces
En vóo horizontal cruzan o ceo;
Horribles peixes de metal percorren
As espaldas do mar, de porto a porto.
Eu dou todos os meus versos por un home
En paz. Aquí tedes, en carne e óso,
Miña derradeira vontade. Bilbao, a once
De abril, cinconta e tantos. |