APUNTES SOBRE O URANIO |
|
Nucleares Non |
|
• Aproximadamente 36.000 toneladas de uranio ao ano consíguense de fontes primarias (extración en minas). • Case a metade de todo o suministro de uranio provén de fontes militares (stock de armas incautadas e de reservas) e do reciclado do combustible usado. • A Comisión Europea estima que pode que existan só entre 2 e 3 millóns de toneladas de fontes de uranio aptas para a súa explotación a nivel global. • Segundo os actuais pronósticos sobre capacidade nuclear, teránse que incrementar as extracións mineiras de uranio nun 100% nos próximos 10-20 anos para atender a demanda. • Estímase que as reservas de uranio aptas para a súa explotación probablemente se esgotarán en 30-40 anos. • Se todo o combustible fósil existente no mundo localizado en centrais eléctricas fóra substituido por enerxía nuclear, só habería uranio para 3-4 anos. Accidentes Dende o desastre de Chernobyl en 1986, producíronse polo menos 22 accidentes máis en centrais nucleares, dos cales 15 rexistraron fuga radioactiva. Destes , 2 procucíronse perto da fusión do reactor nuclear. Residuos • Unha central nuclear produce unha media de 20-30 toneladas de combustible nuclear cada ano, chegando á cantidade de 8,800-13,200 toneladas ao ano a nivel mundial. • Unha análise de todo o proceso nuclear que se sigue (extración, transporte, manipulación, almacenamento e distribución) revela que un reactor nuclear produce unha media de 20-40% do CO2 de cualquera pranta de enerxía.Os gases con efecto invernadeiro como el HFC e o hexafluorido sulfúrico (SF6) tamén se producen en cantidades descoñecidas. • Un reactor normal de augua presurizada de 1.000 megawatios (con torre de refrixeración) precisa 75.700 litros de augua procedentes de ríos, lagos ou océanos ao minuto para el enfriamento; funciona mediante un complexo labirinto de tuberías de 64 quilómetros; devolve 18.925 litros de auga a súa lugar de orixe e libera o resto á atmósfera en forma de vapor. • Moitos gobernos verteron combustible e barris con residuos radiactivos no norte do océano Atlántico (26 lugares recoñecidos), norte do Pacífico (21 lugares recoñecidos), e en no Ártico (6 lugares, aínda que se sospeita que podan ser máis). Datos económicos • Durante o periodo de 1953-2002, o goberno canadiense otourgou subvencións á industria nuclear por importe de 14,5 mil millóns de dólares. • En cincuenta anos, dende 1948 a 1998, o goberno norteamericano gastóu case 67 mil millóns de dólares en subvencións á industria nuclear. • Membros da OCDE (os 30 países máis industrializados) estiman que, en 1992, se gastaron 318 mil millóns de dólares en investigación e desenrolo sobre enerxía nuclear. • A Unión Europea emprega o 61% de seu I+D en enerxía nuclear a pesares de que a industria só contribúe cun 13% ao suministro de enerxía da UE. • En Francia, se a industria nuclear non estivera exenta de pagar un seguro por accidente, as primas incrementarían os costes de electricidade xenerada polas técnicas nucleares nun 300%. • Actualmente hai 37 reactores en fase de construcción, máis de 40 en fase de proxecto e máis de 70 propostos. • A capacidade actual de xenerar enerxía nuclear é de 366 xigawatios, o nivel más alto que se alcanzóu ata a data. • A capacidade actual das centrales nucleares é de 100 xigawatios máis que cando se produciu o desastre de Chernobyl en 1986. • A capacidade total das plantas existentes para xenerar enerxía incrementóuse en máis dun 2% entre 2003-2004. • Agárdase que aproximadamente o 75% da capacidade da enerxía nuclear das prantas en Europa se eliminará no 2030. Extraído do Foro de Vieiros |