|
América téñocho dado todo e agora non son nada.
América dous dólares e vintesete centavos 17 de xaneiro
De 1956
Non podo aturar meu maxín.
América, cando remataremos a guerra humana?
Mete a túa bomba atómica polo cú.
Non me atopo ben non me amoles.
Non escribirei meu poema ata que non teña a cabeza
Coma Deus manda.
América, cando serás anxélica?
Cando te espirás?
Cando te mirarás a través da tumba?
Cando serás digna do teu millón de trotskistas?
América, por que as túas bibliotecas están cheas
de bágoas?
América, cando enviarás teus ovos á India?
Estou farto das túas esixencias demenciais.
Cando poderei ir ao supermercado e mercar o que precise
Pola miña cara bonita?
América ao fin e ao cabo ti e máis eu somos perfectos
e
O mundo veciño non.
A túa maquinaria é demasiado para min.
Fásme desexar ser un santo.
Debe haber outra maneira de resolver esta discusión.
Burroughs está en Tánxer non creo que volte isto é
sinistro.
És sinistra ou isto forma parte dunha brincadeira pesada?
Estou tratando de ir ao gran.
Négome a renunciar a miña obsesión.
América deixa de presionarme eu sei o que me fago.
América as frores das ameixeiras están caendo.
Hai meses que non leo os xornais, todos os días xúlgase
alguén
Por asasinato.
América póñome sentimental se penso nos Wobblies.
América de cativo era comunista e non me arrepinto.
Fumo marihuana sempre que podo.
Quédome sentado en casa días enteiros e miro as rosas
Do armario.
Cando vou a Chinatown emborráchome e nunca consigo foder.
Está claro que teremos problemas.
Terías que terme visto ler a Marx.
Meu psicanalista pensa que estou perfectamente ben.
Non quero dicir a pregaria do Señor.
Teño visións místicas e vibracións cósmicas.
América aínda non te dixen o que lle fixeches ao tío
Max
Cando chegou de Rusia.
Diríxome a ti.
Pensas deixar que a túa vida emocional sexa dirixida pola
Revista Time?
Estou obsesionado pola revista Time.
Léoa cada semana.
A súa portada mírame fixamente cada vez que paso pola
Confitería da esquina.
Léoa no soto da biblioteca pública de Berkeley.
Sempre fala da responsabilidade. Os homes de negocios
Son serios. Os produtores de cine son serios.
Todo o mundo é serio menos eu.
Paréceme que América son eu.
Xa volto a falar só.
Asia estáse
erguendo contra min.
Teño menos posibilidade que un chino.
É millor que considere os meus recursos nacionais.
Meus recursos nacionais consisten en dous porros
De marihuana millóns de xenitais unha literatura privada
Impublicable que vai a 1.400 millas por hora
E vinte e cinco mil institucións mentais.
Sen mencionar as miñas prisións nin os millóns
de desamparados
Que viven nas miñas macetas baixo a luz de cincomil soles.
Abolín as casas de putas en Francia, Tánxer será
a próxima en caer.
A miña
ambición é ser presidente a pesares de que sexa católico.
América
como podo escribir unha latanía sagrada co teu humor estúpido?
Continuaréi como Henry Ford as miñas estrofas son tan
individuais
Como os seus carros e aínda máis porque
Todas son de sexos diferentes.
América venderéiche estrofas a 2.500 dólares a
peza 500
Dólares menos que a túa vella estrofa.
América libera a Tom Mooney
América salva aos republicanos españois
América Sacco e Vanzetti non deben morrer
América son dos rapaces de Scottsboro.
América cando tiña sete anos a mamá levábame
aos
Mitíns dunha célula Comunista vendíannos garbanzos
Unha puñada por entrada unha entrada costaba
Cinco centavos e os discursos eran gratis todo o mundo
Era anxélico e sentimental cos obreiros
Todo era tan sinceiro que non tés nin idea de que
Cousa máis bonita era o partido en 1835
Scott Nearing era un vello marabilloso un mensch auténtico
Nai Bloor a Ewing-Weibliche dos vaxistas da seda
Fíxome chorar unha vez vín ao orador yiddish Israel Amter
En persoa. Todos deben ter sido espías.
América en realidade non queres ir á guerra.
América son eses rusos malvados.
Eses rusos eses rusos e eses chinos. E eses rusos.
Rusia quérenos comer crús. Rusia está tola polo
poder
Quere sacar os nosos carros dos nosos garaxes.
Quere apoderarse de Chicago. Precisa un Reader´s Digest vermello.
Quere as nosas fábricas de carros en Siberia.
Que a súa enorme burocracia dirixa as nosas gasolineiras.
Iso non está ben. Ugh. Ensinará a ler aos indios.
Grandes negróns negros. Ah. Faránnos traballar
Dezaseis horas diarias. Socorro.
América isto é bastante serio.
América isto é a impresión que teño cando
miro o televisor.
América. Isto é o correcto?
Será millor que me poña a traballar agora mesmo.
É certo que non quero entrar no exército
Ou facer de torneiro en fábricas de pezas de precisión,
En todo caso son miope e psicópata.
América estou arrimando meu ombro maricallas á roda.
Berkeley,
17 de xaneiro, 1956
|