OS VECIÑOS DE NAVIA EN CONTRA DO COMPLEXO ACUÁTICO PRIVADO DE VIGO

Asociación Veciñal de Navia (Vigo)

A AV de Navia ven de publicar un comunicado na sua páxina web www.avnavia.org coa carta que se envía ao Concello de Vigo e a corporación municipal como resposta ao proxecto do complexo termoacuático.


Informados polos medios de comunicación da intención do goberno municipal de Vigo de promover a instalación dun Complexo Termal de xestión privada en terrenos municipais destinados, en principio segundo o PXOM, a uso deportivo na parroquia de Navia, esta Xunta Directiva reunida dun xeito urxente no dia de hoxe diríxese a vostede para manifestarlle os seguintes puntos:

1. É lamentable que dun proxecto de tal importancia para a parroquia, os veciños e a Asociación Veciñal de Navia teñan que enterarse pola prensa.
2. A Asociación Veciñal de Navia ven traballando na zona denominada P.A.U. Navia dende hai máis de 10 anos. O que vai dende as negociacións para consensuar o urbanismo a aplicar no P.A.U. Navia ata o día de hoxe, pasando por todo o proceso de negociacións entre os veciños e propietarios e Xestur.
3. Parécenos polo tanto, como mínimo de nula transparencia democrática, o non consensuar as instalacións deportivas a facer no mencionado lugar da parroquia.
4. Como ven sabe vostede os terrenos foron adquiridos por Xestur mediante o sistema de expropiación aos seus antigos propietarios, coa xustificación de construir vivendas a un prezo asequible e conquerir ao mesmo tempo un amplo espacio público municipal.
5. Despois de máis de 10 anos atopámonos que nin as vivendas foron vendidas a un prezo asequible para todolos cidadáns (sobrepagos ilegais) e os espacios que en principio tiñan a clara vocación de amplas zonas verdes e deportivas de uso público e libre preténdense donar parte a unha empresa privada para un uso e xestión por un mínimo de 40 anos, con tódalas características de negocio lucrativo. Polo tanto ¿qué sentido tiña a expropiación de entón?
6. As carencias deportivas desta cidade son moi deficitarias, e un complexo termal por moi relaxante que sexa non é unha dotación deste tipo.

¿Ten lóxica privatizar o pouco que temos como público, o uso e xestión duns espacios tan necesitados coa vocación de atraer turismo cando os cidadáns de Vigo e de Navia non teñen unhas instalacións adecuadas onde facer deporte?
¿Teñen preguntado ás distintas federacións deportivas que opinan?
¿Teñen preguntado aos veciños e PROPIETARIOS de Navia que opinan sobre que lles rouben un espazo, en principio, pubrico a precio de expropiación e despois doarlo para un negocio privado?
¿Os 18.000 m2, dos 36.000 m2 totais, para establecementos comerciais, según a sua proposta, son para uso deportivo según manda o PXOM?. É o colmo da manipulación. Unha empresa está a invertir 60 milllons de euros na cidade para o seu beneficio empresarial sen mercar un metro cadrado de superficie ou a cidade de Vigo està a REGALARLLE 36.000 m2, a costa de espazos pubricos .

A Xunta Directiva evidentemente sabe o sentir da parroquia de Navia e o que quere: Espazos libres, instalacions deportivas municipais, instalacions municipais a prezos municipais e non suxeito o interes do beneficio empresarial. As dotacions deportivas son un deber das administracions pubricas e non teñen que pasar inexorablemente pola privatizacion, posiblemente o camiños mais curto pero sempre o mais inxusto e depredador.

Sen outro particular e manifestandolle que sempre estaremos dispostos a aportar solucions non especulativas lle saludamos atentamente.

En Navia a 8 de Marzo de 2006


A XUNTA DIRECTIVA

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE VIGO


Caixa dos correios:: info@avnavia.org
WWW:: http://www.avnavia.org