| O CASO MAESO COMO EXCUSA ... QUE O SOLTEN PARA QUE O PILLEN OS AFECTADOS!!! |
|
llavors d'anarquia, 24.10.2005 |
|
A civilización enférmanos, a civilización quérenos febles.
Antes de que alguén nos acuse de perxudicar aos infectados, o primeiro é dicir que nos parece xenial que os perxudicados polo anestesista lle saquen todas as compensacións posibles ao entramado sanitario-estatal; xa sexan estas morais ou, millor aínda económicas. Nada contra iso no sistema no estamos. Mais iso non quita para que a satisfacción persoal (vinganza) tén que ser iso, persoal.
A finais dos anos 90 as sucursais valencianas das empresas Telefónica e Iberdrola, facendo un cribado de baixas laborais, detectaron un incremento dos casos de hepatite C entre os seus traballadores. E relacionáronos co feito de estar ingresados en determinados hospitais. En abril de 1998 salta o escándalo: un anestesista, Juan Maeso, infectara a unha multitude de pacientes co virus da hepatite C da cal era portador. Segundo o fiscal do caso, o anestesista inxectábase parte da anestesia coa mesma agulla coa que logo pinchaba ao paciente. Nun principio detectáronse un millar de casos, mais despois dos estudos xenéticos do virus, limitóuse á cantidade a “só” 276 casos, dos que xa faleceran varios. O Xuizo resultou un bó show mediático, chapoteando na desesperación dunhas persoas que arrastran unhas secolas terribles tras unha operación que case sempre parecía sinxela, nun sistema sanitario que non detectóu o foco de infección ao longo dos dez anos que duróu a cousa (1988-1998) e nuns hospitais que demostraron ser ratoneiras para a saúde dos afectados. Pero nós non queremos debater agora sobre a culpabilidade ou inocencia de Juan Maeso, nin sobre os mecanismos de control dos hospitais, nin queremos entrar na dialéctica sanidade pública/sanidade privada que subxace no caso. Queremos facer notar outra cuestión: que se fixo dos outros 700 casos de hepatite vinculados á hospitalización? Porque 700 casos son moitos casos aínda que sexa en 10 anos. Hai úns meses detectáronse varios casos de transmisión de hepatite no Hospital del Mar de Barcelona. O Goberno de Cataluña foi condeado a pagar 48.000 euros a outra contaxiada, en Valencia, a condea polo mesmo foi de 108.182 euros… Parece que o de Maeso, con ser grave, é só e precisamente iso: un caso moi grave mais non extraordinario.
Pero a cousa non remata na hepatite C, hoxe en día, entrar nun hospital é xogar a pillar unha infeción resistente aos antibióticos por “supermicrobios”. Ún de cada 10 ingresados nunha UCI pilla unha infección grave por fungos, moitas delas mortais. A tasa xeral de infeccións intrahospitalarias en España é do 7%. O consumo sen freo de antibióticos propicia a aparición cada día de novos microorganismos resistentes, a bancomicina que era a ultima arma do arseal hospitalario deixóu de ser eficaz na maioría dos casos hai xa algún tempo. Os métodos invasivos da moderna tecnomediciña fan o resto. Só hai que ver como o oficio de sanitario é agora mesmo un oficio de risco, no que os contaxios mútuos enfermo/coidador son continuos. Os enfermos van cocidos de antibióticos, antihistamínicos, analxésicos… mentras que os sanitarios van de bacinas e antidepresivos.
A palabra enfermidade pode ter moitos significados, depende da época, do meio e da persoa que a pronuncie. Pero o significado dominante hoxe en día está cada vez máis restrinxido, xa non é o contraposto ao benestar e a plenitude, senón só un mal funcionamiento da “máquina humana” conxénito ou debido a unha intrusión exterior. A infeción e a herdanza, que nun momento dado foron boas explicacións para a transmisión de enfermidades, acabaron sendo: A EXPLICACIÓN; a unica explicación non xa da transmisión, senón da saúde e da enfermidade. A cada malestar un microbio ou un xen. A cada malestar un produto químico ou unha intervención mecánica. Segundo esta visión estamos cercados por un exército de virus, bacterias superresistentes, fungos, prións… Que queren acogotarnos. Esta explicación convertíuse así nun instrumento de medo, medo ao invisible (aos microorganismos e aos nosos propios xenes), medo a unha ameaza da que só nos pode salvar a nova relixión da tecnomediciña. E o medo, en man dos que saben empregalo, sempre foi un bó negocio. Pero o sistema tecnosanitario non nos dá ningunha seguridade. Curioso, pero os médicos son a terceira causa de mortalidade nos Estados Unidos, despois das enfermidades cardiovasculares e o cancro (dúas enfermidades da civilización por certo). Calcúlase que en los EUA máis de 300.000 personas morren a mans dos médicos cada ano. E este numero é unha estimación á baixa, posto que nos partes de defunción a causa da morte non sempre está “ben explicada” e só se contabilizan os “fallos médicos”, non se teñen en conta as prácticas médicas nocivas.
O mundo civilizado é cada vez máis un mundo insalubre, a saúde dos humanos fóise deteriorando dende os seus oríxenes. Non se trata xa de falar da ausencia de caries nos dentes do paleolítico e a súa aparición coa agricultura, senón de ver o que pasou nestes ultimos dez ou vinte anos. A incidencia de determinados tipos de cancro vai crecendo continuamente; o cancro é unha enfermidade moderna que foi aumentando continuamente dende os inicios da industrialización. A sociedade civilizada é unha sociedade tumoral. Por exemplo, en Inglaterra e nos ultimos 5 anos, os cancros aumentaron un 6%. Algúns tipos determinados, como o cancro de próstata, fíxoo nun 25%. A diabete tipo 2 é xa unha epidemia, sobretodo entre os máis pobres do mundo industrializado e non deixa de aumentar entre os nenos e os xóvenes. Practicamente o 50% das diabetes que se diagnostican a nenos e adolescentes son actualmente de tipo 2, cuando antano a súa incidencia era case irrelevante. O crecimento da diabete vai ligado aos novos hábitos da alimentación (ou millor dito de sobrealimentación); nos ultimos 10 anos a obesidade infantil creceu un 10%. En España o 34% dos menores de 10 anos están obesos. Esta pandemia civilizada está alcanzando xa aos recén chegados á primeira liña da industrialización, China tén xa 155 millones de persoas con sobrepeso, 18 millóns deles obesos. A outra cara da moeda serían as anorexias e bulimias, “privilexio” ata agora da sociedade ocidental, pero que grazas á globalización alcanza xa a todo o mundo, incluidos os países subdesenvolvidos. Así, o estereotipo dominante e globalizado é o da delgadez, o do trunfo e o “fashion”… e as tasas de anorexia na Asia pobre e en África crecen a grande velocidade. Para rematar e para non cansar con tanto numero e porcentaxe, temos un dato significativo: entre o 25 e o 33%, segundo estimacións conservadoras, das enfermidades nos países industrializados débense a factores medioambientais.
Os beneficios do sector farmacéutico son un bó indicador do volume de cartos e poder que move o sector tecno/sanitario. Aínda que hai tamén outros segmentos importantes como é o sector de equipos de alta tecnoloxía (escáneres, aparatos de análise….), o dos provedores en xeral, o dos beneficios das clínicas privadas…. O sector farmacéutico moveu no ano 2002, a “friolera” de 352.342 millóns de dólares (a metade do producto interior bruto español, úns millóns máis que o da Federación Rusa e o dobre do de Dinamarca). Dentro do congromerado industrial do sector farmacéutico destaca o monstro Pfeifer/Pharmacia co 12% do negocio (42.281 millóns de dólares), a seguinte, Glaxo, quédase có 8%, logo, moi por trás, aparece a europea Merck con só o 6%. As 20 empresas máis grandes controlan o 75 por cento do sector. Dependemos cada vez máis dos seus produtos, e os seus produtos xenérannos novas dependencias. O asmático xa non tén suficiente co “Ventolín inhalado” e precísao inxectado, o afectado de migraña acaba padecendo ademáis unha gastrite polo consumo de analxésicos, os xabóns dermoprotectores potencian as infeccións, a oferta de antidepresivos é cada vez máis dinámica, os tratamentos hormonais anticonceptivos ou doutro tipo prodúcennos cancro, millóns vivimos enganchados ao Prozac, a abstinencia prodúcenos máis depresión.
A civilización quérenos febles e dependentes, todo o seu entramado baséase na necesidade de institucionalizarnos para “coidarnos”, porque xa non podemos nin sabemos facelo por nós mesmos. E na “debilidade“ voluntariamente asumida, na tutela aceptada con gusto, a minorización a perpetuidade tén á civilización seu millor aliado. Non podemos coidar aos nosos rapaces e o estado ou outros especialistas fáno por nós, así as organizacións progresistas de pais (as da CEAPA) na proposta “7 puntos para compaginar la vida laboral con el cuidado de los hijos” pide escolas abertas 12 horas do día, 7 días á semana 11 meses ao ano (por que non 12?). Hai quen pide a “escola obrigatoria” dos 0 aos 18 anos. Xa non podemos coidar aos nosos vellos e a xerontoloxía é xa un oficio (e un negocio) de futuro. Morrer en casa xa non é sinal de coidado do enfermo senón de abandono. Xa non nos podemos coidar de nós mesmos, somos febles, perezosos, irresponsables e toxicómanos, por isto son necesarios os cárceres, as narcosalas, as normas de seguridade, os xuizes, os mediadores sociais e… o sistema tecnosanitario. Aínda que seguramente moitos de nós preferimos vivir baixo o manto protector do estado, das corporacións, das institucións, da sociedade,… antes de enfrontarnos a unha realidade que vemos lonxana, tras o cristal da peceira na que vivimos, máis alá das portas do establo. Tivemos que desaprender a vivir autónomamente, non sabemos construirnos case ningún dos obxectos que nos rodean, non sabemos procurarnos o alimento, nin tan siquer as cousas máis inmediatas somos capaces de facelas por nós mesmos. Isto non foi sempre así, só hai poucos decenios a xente sabía facer lume, trenzar unha corda… incluso fabricar obxectos complexos como cestos e vestidos… Que nos pasou para ter esquecido cousas tan necesarias tan depresa? Seguramente, o pior esquecemento foi o do coidado dun mesmo e da xente cercana á que queremos, perdimos as habilidades da autocuración ou a curación por medio do veciño. Feitos tan naturais coma o parto (asunto entre iguais antano) ou a morte foron entregadas a mans de especialistas e institucións. Nin sabemos parir nin axudar a parir, nin sabemos morrer (colapsámonos) nin axudar a morrer (abandoamos aos moribundos). A civilización debilítanos e nos enferma, todos estamos inmersos nunha depresión, nunha tristura… Mata máis o suicidio que os accidentes de tráfico!
Este 11 de setembro, en Chile, durante as conmemoracións do golpe de estado de Pinochet, nun barrio de Santiago, Lo Hermida, houbo unha serie de disturbios. Os carabineiros reprimiron coa brutalidade tradicional deste corpo ás manifestacións dos poboadores, nun intre unha bala alcanzóu a Cristian un xoven de 16 anos que estaba ao carón dunha das fogueiras que cortaban a circulación. O que seguiu foi algo confuso, os carabineiros parapetáranse no consultorio do barrio e os que transportaban ao ferido non puideron acceder ao consultorio. O rapaz morreu (tamén hai quen dí que chegou morto), algúns din que os sanitarios do ambulatorio se negaron a atendelo. Declaracións á prensa dalgúns destes traballadores van un poco neste senso, algúns dos sanitarios sentíanse protexidos polos carabineiros, que por certo leváronos con eles antes de irse. Ao abandoar os carabineiros a posta un numeroso grupo de persoas penetran nela e destrúeno todo, din que tamén o saquearon… As Organizacións Sociais e Populares de Lo Hermida sacaron un comunicado de repulsa, … de repulsa da destrucción e saqueo. A morte de Cristian só merece dúas liñas escasas ao final. O debate que seguiu en Indymedia Santiago é bastante crarificador, o calificativo máis suave é o de lumpenproletarios só un comentario saíase da tónica xeral: “Pero non lles saiu moi ben xa que a irresponsabilidade do consultorio co rapaz (…) enervara aos outros poboadores do sector, quen arrasaron con todo para lograr golpear aos asasiños de Cristian e aos que negaron a súa axuda, axuda que podería ter axudado a que hoxe estivera con vida” (NN no foro de Indymedia Santiago do 12-9-05). Hai pero, un malestar contra a tecnomediciña, malestar que nos poboadores de lo Hermida, en Chile, mistúrase coa rabia pola morte dun veciño, e este malestar maniféstase tamén no numero crecente de agresións ao persoal sanitario en todo o mundo. Xa non lles bican as mans aos médicos e a miúdo mórdenllas. A OMS denuncia que o 25% dos incidentes de violencia no traballo prodúcense no sector sanitario. En España case un terzo dos médicos experimentaron ao menos un episodio de violencia, un 10% deles de violencia física. Se ben é certo que as mulleres sanitarias e o persoal menos cualificado soen ser o branco destas agresións, tamén o é que estas alcanzan cada vez máis aos médicos e que incluso algún xefe de servizo tivo que ser atendido no seu mesmo hospital. A tecnomediciña asegúranos unha fantasiosa omnipotencia, e xa non se concibe a morte como un proceso natural da vida, senón como un fallo na reparación da “máquina humana” da que falábamos máis arriba. Se a isto engadimos a súa realidade de intrusismo brutal (químico, físico e psicolóxico), o seu autoritarismo xerárquico e o seu utilitarismo para o sistema (dende as invalideces ás baixas) non é de extranar que unha pantasma este percorrendo o sistema tecnomédico. Unha pantasma que cada vez é máis forte e afina millor os seus obxectivos. Cando os nosos antergos queimaban conventos e igrexas, mataban frades, monxas e curas; así enfrontábanse á fación máis poderosa da dominación que padecían (e que todavía hoxe conserva intacto boa parte daquel poder). De feito esa fación era tan poderosa que foron derrotados, aínda que nos deixaron a lembranza da súa revolta. Para igualar estes actos hoxe en día, deberíamos enfrontarnos co mesmo vigor coa fación máis poderosa da dominación actual, e esta fación é a do complexo sanitario/industrial. Os médicos e os farmacéuticos ocupan o espazo dos curas de onte. Para lograr un feito simbólico da mesma potencia que queimar unha igrexa faría falla queimar un consultorio médico. Imaxinámonos que poucos se atreverían a tanto, a vaca sagrada é inatacable, un feito tan “inofensivo” como criticar ao complexo tecnomédico comporta verse aillado, ridiculizado e atacado. Incluso caer totalmente nas mans sendo clasificado como enfermo mental e, no millor dos casos, a túa voz pérdese no abucheo xeneralizado.
Reaprender a coidarnos, atrevernos a coidar a outros… parece ser xa imposible. Os “actos médicos” fóra do sistema están severamente penalizados. E sen embargo é a unica esperanza que temos: volver a cociñar, para ti sobretodo, pero tamén para outros, recuperar as técnicas básicas da saúde, as destrezas básicas para a vida: axudar a nacer, axudar a morrer… Volver a coidarte, non para alcanzar o estereotipo de beleza, trunfo, delgadez, competitividade (estandarización, codicia, nocividade e soberbia), senón para atoparte ben, forte e independente. Forte e independiente para vivir sen tutelas, sucedáneos nin paliativos: para vivir libre e salvaxe. |
|
traducción expoplanetarium
|