O ESCUDO DA CIDADE

FRANZ KAFKA (La metamorfosis y otros cuentos)

No comezo non fallou a orde nos preparativos para construir a torre de Babel; orde en exceso, quizais. Preocupáronse demasiado dos guías e intérpretes, dos aloxamentos para os obreiros, e das vías de comunicación, coma se para a tarefa dispuxeran de séculos. Naquela epoca todo o mundo pensaba que se podería construir con moita calma; un pouco máis e terían desistido de todo, ata de botar os cimentos. A xente dicíase: o máis importante da obra é a intención de construir unha torre que chegue ao ceo. O outro, é desexo, grandeza, o esquecible; mentres existan homes na terra, existirá tamén o fervente desexo de rematar a obra. Polo cal non tén porque inquedarnos o porvir. Pola contra, pensemos no maior coñecemento das xeneracións vindeiras; a arquitectura progresou e continuará facéndoo; de aquí a cen anos co traballo que agora tardamos un ano poderáse facer seguramente nuns meses, máis durable e millor. Entón para que esgotarnos agora? O empeño xustifícase se cuper a posibilidade de que no transcurso dunha xeneración se puidera rematar a torre. Cousa totalmente imposible; o máis probable será que a nova xeneración, cos seus coñecementos máis perfeccionados, condée o traballo da xeneración anterior e destrúa todo o construido, para comezar de novo, esas lucubracións restaron enerxías, e pensóuse xa menos en construir a torre que en erguer unha cidade para obreiros. Mais cada nacionalidade desexaba o mellor barrio, o que orixinou disputas que remataban en pelexas sanguiñolentas. Esas pelexas non tiñan nengún obxecto; algúns dirixentes estimaban que demoraría moitísimo a construcción da torre e outros, que máis conviría agardar a que se restablecera a paz. Mais non só ocupaban o tempo en pelexar; nas treguas embelecían a cidade, o que a súa vez daba motivos a novas envexas e novas polémicas. Así transcurriu o tempo da primeira xeneración, mais nengunha das outras seguintes variou; só desenrolaron máis a habilidade técnica e unido a isto, a belicosidade. A pesares de que a segunda ou terceira xeneración comprendeu o insensato de construir unha torre que chegara ao ceo, xa estaban todos demasiado comprometidos para deixar abandoados os traballos e a cidade.

En todas as lendas e cantos, esa cidade tén a esperanza de que chegue un día, especialmente vaticinado, no cal cinco golpes asestados en forma sucesiva polo puño dunha man xigantesca, destruirán a mencionada cidade. E e por isto que o puño aparece no seu escudo de armas.

traducción expoplanetarium