| NINGUNHA FE É INOCENTE |
|
Agustín García Calvo, extraído de http://www.decondicionamiento.org |
|
Ningunha Fe é inocente. Que non lles enganen facéndolles mirar cara os horrores e outras formas de Fe, sexan de tempos que non están aquí, cos seus Autos de Fe (deixen a seus nenos pensar que se trata das execucións semanais por carros en autoestradas), sexan do estrarradio do Benestar, cos fanáticos de Alá (no hai máis que un Deus), para que se distraigan vostedes da que lles tocou e os está matando. Xa saben: "A Fe levantou esas torres: / a Fe as derrubará"; e todas son a mesma, que só se disfraza de diferentes para entreter con guerras de noticias e confundir aos fregueses. Todas son a mesma, e ningunha é inocente; tampouco, pois, a Ciencia, que é a Fe preponderante sobre todas que baixo o Réxime nos domina e fáinos comungar con rodas de muiño. Todos eses cálculos e especulacións da Física e os Quanta que estes días vós contaba, coas tentativas de procurar o fundamento da Realidade nas lonxanas subatómicas, o co seu Primer Estallido "y he aquí la luz", etcétera, que son, en suma?: obrigación e vontade de tomar conciencia do Globo Terráqueo e do Universo: saber o Mundo; e non pode haber saber ningún que non sexa unha Fe; e así cremos, con orgullo e pasmo, que sabemos o Mundo e o dominamos, que nos carregamos as selvas amazónicas e que botamos lixo de satélites aos espacios e que recorremos o cinturón da Terra coa Rede á velocidade do raio e que grandes e que malos somos, noso Señor! Fronte a todos eses cacareos, o certo é que o saber é a enfermidade, e a enfermidade é a mentira. Por exemplo, iso daGlobalización e a Antiglobalización, amigos, non é máis que outro embeleco para divertir ao persoal e desvirtuar a negativa que sempre poda estar surxindo da razón e corazóns da xente; algo parecido a cuando aos pobres de Chiapas lles facían saber que o que estaban facendo era levantarse contra o Neoliberalismo. Mentras dos corazóns e a razón común xurdan e se oigan cousas como "¡Morran os Cartos!", "¡Abaixo os Estados!", "¡Á basura o Automóvil!", "¡Ao carallo a Información e as antenas polos tellados e as mentiras da Realidade!”, todavía está soando algo que brota do san e vivo que nos queda e que pode sempre estar facendo algo de verdade: cando logo, por afán de realismo vive Deus!, vós fan aprender as palabrexas dos Empresarios, Políticos e Titulares de Noticias, NEOLIBERALISMO, GLOBALIZACIÓN, e para loitar contra esas pantasmas póñense os rebeldes a estudar seriamente as Leis e a Estructura Económica e a Contabilidade dos Estados Pobres e os Ricos, e a discutir de PLURALIDADE CULTURAL e PENSAMENTO ÚNICO y demáis pamplinas filosóficas, entón, amigos, xa non se está facendo nada; e, se algo non o remedia, acabaredes discutindo cos Representantes do Poder e do Saber sobre a conveniencia dunha enmenda ao Plan de Urbanización, da repartición máis xusta do Presuposto da Xunta ou do Aumento de Calidade da Ensinanza, e así dando por suposto (e confirmando) o dereito do Conglomerado Urbano, das Xuntas e Presupostos e das Istitucións da Ensinanza a estar aí; e contribuíndo por riba ás Noticias do informativo e ao embrollo político e cultural que o Réxime precisa para manterse. E algunha vez comezarán algúns a descubrir as mentiras do Réxime e atopar maneiras de vivir que no sexan as que os cartos e seu Futuro impoñen.
|
|
traducción expoplanetarium
|