Soñei
Que o cociñeiro
Inclinábase
E sacudiu
O seu puño sobre
O balcón & lle dixo si
Ao pobo
& díxolle isto
ao pobo
“quero catro tazas de forza de choque-
unha culler de católico- cinco paranóicos espantosos-
un pouco de auga de búfalo- medio quilo de comunista-
seis tazas de rebelde- dous ateos bonitos-
unha botella dun cuarto de rabino- unha de té
de liberal amargo- unhas tabletas anticonceptivas-
tres cuartos de nacionalista negro-
unha pizca de pólvora de limón-
uns capitalistas moguen david & unha morea
de gordos con diñeiro de sobra”
entón apareceu o axudante do cociñeiro
& carraspeou & entón díxolle
ao pobo si o
pobo
tamén quixeramos un páxaro burlón
& algunhas nenas ordeñando- algunhas estudantes
universitarias violadas & unha pita empapada-
dúas lubas de tartaruga
& unha perdiz & un gin & unha pereira
espertei deste soño
en estado de pavor- entón saltéi da piltra &
corrín á cociña- atraveséi violentamente a porta
& acendín a luz/ caín de
xeonllos &
agradecín a Deus
que non houbera nada novo no conxelador
querido puck,
troquei miña guitarra eléctrica por
unha con cordas de tripa… pódesella tocar
sen acompañamento- non precisas ao conxunto-
elimina todas as pelexas agás por
suposto cos outros executantes de guitarra
de tripa- ando ben- non teño nin idea de que
é o que está pasando mais todas estas rapazas
bigotudas, estánse volvendo tolas
por min- deberías probalas algunha vez-
vai bó tempo- tirei todos os meus discos do
zurdo frizzel- tamén me desfixen da miña
chaqueta de coiro con forro de pel- podes
quedar coa miña vaca dado
que agora estou no camiño da liberación
deica logo cocrodilo
Franky Pato