A SOMBRA DE DOUS INOCENTES

que persegue a Manuel Fraga (circular)

Os feitos

O 17 de agosto de 1963, dous militantes libertarios, Francisco Granado e Joaquín Delgado eran executados mediante o suplicio do garrote vil. Acusados da colocación de bombas na Dirección General de Seguridad da Porta do Sol madrilena e na Delegación Nacional de Sindicatos, Delgado e Granado foron xulgados en consello de guerra sumarísimo e condenados a morte, en a penas dúas semáns; a condena foi ratificada polo consello de ministros, do que formaba parte Manuel Fraga. Dende agosto de 1962, Fraga era ministro de Información y Turismo da España franquista e naqueles días defendeu nos medios de prensa, radio e televisión a aplicación da pena de morte, xustificando a execución co "garrote vil" de Delgado e Granado.

Ata a súa execución, Delgado e Granados defenderon a súa inocencia. O propio organismo clandestino dos anarquistas, Defensa Interior, emitiu un comunidado desmentindo que os autores da colocación das bombas foran Delgado e Granado, mais sen revelar os verdadeiros autores por motivos de seguridade. Moitos anos despois, Antonio Martín Bellido e Sergio Hernández, militantes libertarios exiliados en Franza, recoñeceron que a as bombas foran colocadas por eles, e non por Delgado e Granado. Ditas declaracións foron efectuadas nun documental da cadea hispano-alemana "Arte" e tamén a xornalistas do periódico "El Mundo", a revista "Tiempo" e "Televisión Española", sendo corroboradas por Octavio Alberola Suriñac, que daquela exercía de organizador dos grupos de activistas clandestinos da CNT e outras testemuñas.

En febreiro de 1998 Pilar Vaquerizo, viuva de Francisco Granado e Francisco Delgado, irmao de Joaquín Delgado, plantexaron recurso de revisión contra a sentencia que condenou aos dous activistas en 1963, en base ás novas probas aparecidas despois das declaracións de Hernández e Martín. O recurso foi rexeitado pola Sala do Militar do Tribunal Supremo en marzo de 1999.

En abril de 1999 os familiares de Delgado e Granado interpoñían un novo recurso, desta volta de amparo, diante do Tribunal Constitucional. Este recurso foi admitido en marzo de 2000 e finalmente resolto a favor das familias en agosto de 2004, pola Sentencia 123/2004 do Tribunal Constitucional. O Tribunal Constitucional sentenciou que a setencia da Sala Militar do Tribunal Supremo vulneraba a o dereito a proba ao denegar a práctica das mesmas para o esclarecemento da verdade dos feitos. Por conseguinte, o caso voltou á Sala do Militar do Tribunal Supremo para a continuación da tramitación do recurso de revisión, onde se atopa agora.

No proceso os abogados das familias teñen intención de pedir a comparecencia de persoas que tiñan responsabilidades políticas no momento das execucións, como o actual presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, e tamén de persoas que padeceron a represión naqueles tempos, como o expresidente da Generalitat de Catalunya, Jordi Pujol.