Elección
-dí- non hai.
Rechazo.
Hai que mercar unha nova cortina
De cor máis craro.
A moa que che doe
Non a arrinques
Que che doa
Que existas -
Aquela moa
Caída xa
Co seu oco sen encher
Do mesmo tamaño que a moa
Moito máis evidente
Máis doente
Máis profundo que a pedra.
Soños
charlatáns
Palabras despilfarradas.
A miña modesta lúa
E nós os dous
Sós
Mexando secretos
Na esquina.
A min
-dí- cóllesme
A min péchasme
Mátasme.
Podes coller aquel páxaro?
Podes matar
O ar que escondo
Entre miñas unllas?
Así
pois tantas bandeiras
Eran sinxelamente pretextos?
Non digas máis.
Non fales.
Os nenos teñen frío.