OFERTA DE EMPREGO PARA YOMANGO

Tortuga Manguta Venres,20 de maio de 2005

NOTA DE TORTUGA INTERNACIONAL: ao final imos poder reformar á peña de Yomango, que nos ían matar a desgustos...

Informativos Telecinco

RODRIGO BLÁZQUEZ 16 de maio de 2005

Paco recibiu hai uns meses unha misteriosa oferta dunha das moitas ETT's nas que repousa o seu curriculum: - Queres traballar de ladrón?. - Que queres decir?, contestou. - trátase dunha proba chamada "carriño test". Un simulacro de roubo para comprobar a pericia das caixieras dunha grande superficie para detectar os roubos. - Cantos cartos?, 40 euros ao día. -De acordo. "Non está o tema para andar desperdiciando ofertas".

Así comenzou Paco a súa incursión no mundo do delito figurado: unha breve charla telefónica e un papel cunha cita e unha dirección: xoves, 10 da mañá, Leroy Merlín de Majadahonda.

"O Xefe de seguridade estábanos esperando nun stand fronte ao Leroy, cunha señora que debía ser unha responsable das caixieras.Os que íamos traballar éramos tres. Todos de 20 a 30 anos". "Leváronos ao almacén e nos explicaron de que ía a historia".

O "carriño test"

A cada "ladrón" se lle asigna un carro -de aí vén o nome: "carriño test"-. En cada ún deses carros hai unha serie de produtos da tenda de Leroy Merlín con algunhas peculiaridades: etiquetas trocadas, prezos modificados, produtos pequenos agochados dentro das caixas doutros máis grandes...

Un bó resumo das artimañas do suposto ladrón para lograr os seus propios descontos no Leroy. Un carro preparado para comprobar a capacidade das caixeiras na arte policial.

"Fóronnos explicando todo o que levaba o carro, tanto o obvio como o agochado ou o que tiña o prezo trocado". Paco recorda perfectamente o que había no seu carro:

carriño3Dúas caixas de baldosas coas medidas trocadas, azulexos soltos en maior número dos que establecía o seu papel, unha viga de madeira coa etiqueta de sintético que é moito máis barato, marcos de enchufe nos que pegaran con precinto o resto do enchufe, unha billa de Roca na cal, na caixa atopábanse outros catro enchufes e dous artículos máis sen modificacións. "Era como ir a roubar pero a primeira parte do traballo dábancha feita".

Para a segunda parte estaba Paco, "a de poñer a cara": "Pasar o carriño pola caixa que eles nos indicasen e pagar o que a caixeira nos pedira", esa era a súa misión.

"Déronnos 301 euros, o prezo total de todos os artículos.O que deberíamos pagar en caixa se descubrían todo". Aínda que iso nunca ocurreu.

A Paco déronlle o seu carro, indicáronlle o número da caixa á que debía ir, o camiño que debía seguir por dentro da tenda e o aspecto da caixeira á que ían someter á proba para que non se confundira. "A Xefa das caixeiras vixiaba todo dende unha torreta de perto".

"Primeira viaxe e primeiro marrón"

carriño4 "Cando cheguéi á miña caixa había dúas persoas e a do meu carón estaba valeira. Fíxenme o paifoco ata que chegou o meu turno.A caixeira comenzou pasar as cousas pola cinta e descubriu os enchufes agochados dentro da caixa da billa".

"O pior é que cando atopaban algo tiñas que agachar as orellas e pedir á caixeira que cho cobrara. Ordes de Leroy Merlín: se che pillan, nada de decir que non é teu, téñencho que cobrar tamén".

"Pasei por 6 caixas nos dous días de traballo. En todas pilláronme algunha cousa e alternei o sorriso estúpido coa mirada fría. De todas formas, dos 301 euros, a vez que máis paguei foron 250 e a que menos 120. A pena é que non nos puidéramos quedar a diferenza", (brincadeira)

80 euros por dous días de traballo. Paco finxiu ser un ladronciño en Leroy Merlín e as caixeiras foron sometidas a unha proba de capacidade para detectar roubos. Un novo día na historia do carriño test.

Leroy Merlín non quixo facer "ningún comentario" ao respecto.

Queres saber máis de Yomango?

traducción expoplanetarium