A FIGURA DE DIÓGENES

Extraído de www.unionlibertaria.org

A figura de Diógenes pasou rápidamente de ser unha simple historia a ser unha lenda de provocación e a imaxe do sabio cínico por excelencia, de aspecto descuidado, burlón e sarcástico. A súa forma de vida canina, o seu estilo agresivo, o comportamiento sempre á contra, o diferencian sin confusións.

Vivía nun tonel, buscaba a plena luz do día cun candil, nada menos que ó home, masturbábase en público, comía carne crúa, e escribía libros a favor do incesto e do canibalismo. Se alguén é o prototipo de transgresor, ese é Diógenes de Sinope.

Naceu en Sinope (Asia Menor) entre os anos -413 e -400 e morreu en Corinto no ano -323. Este mesmo ano é probable que morreran tamén Aristóteles e Aleixandre Magno. O seu pai era banqueiro e conta Diógenes Laercio que un bo día decidiu consultar ó oráculo e recibiu como resposta "invalidar a moeda en curso", que como todas as respostas dos oráculos era enigmática. Dita resposta tiña alo menos tres sentidos: falsificar a moeda, modificar as leis ou transmutar os valores. Diógenes non quixo elixir e fixo as tres cousas. O resultado foi a expulsión e o desterro de Sinope. Eles condeanme a irme e eu os condeo a eles a quedarse, foi o seu irónico comentario. Forzado por estas circunstancias deambulóu por Esparta, Corinto e Atenas. Nesta cidade frecuentou ocinosarges e fíxose discípulo de Antístenes, optou por levar una vida austera e adoptou a indumentaria cínica, como o seu mestre. Desde os comenzos en Atenas mostróu un carácter apaixoado, chegando Platón a dicir del, que era un Sócrates que toleu.

Diógenes pon na práctica dunha maneira radical as teorías do seu maestro Antístenes. Leva ó extremo a liberdade de palabra, a súa dedicación é criticar e denunciar todo aquelo que limita ó home, en particular as institucións. Propón unha nova valoración frente á valoración tradicional e enfréntase constantemente as normas sociais. Considérase cosmopolita, é dicir, cidadán do mundo, en calquera parte encóntrase o cínico como na súa casa e recoñece esto mesmo nos demais, por tanto ó mundo é de todos.

A lenda conta que se desfixo de todo o que non era indispensable, incluso abandonou a súa escudela cando viu que un rapaz bebía auga no oco das mans. Coñeceu a algúns dos filósofos e gobernantes da época, e cóntase a anédota de que estando un día nas aforas de Corinto, achegúuselle Aleixandre Magno e ofreceulle concederlle o que quisiera, ó que o filosofo respondeu simplemente: apártate a un lado que me quitas o sol. Esta anécdota pretende reflexar claramente que o sabio non necesita nada dos poderosos, que está por riba das riquezas materiais e da ambición do poder. Esta actitude crea unha radical separación cos políticos.
Todo esto é posible pero necesítase un duro entrenamento (ascesis). Diógenes, como todos os cínicos recomenda o entrenamento para adquirir a areté, exercitarse tanto física como mentalmente para endurecerse e chegar á impasibilidade e á autosuficiencia. A independencia consiguese co esforzo, como o vello Heracles, que serve de exemplo ós cínicos, xa que vive conforme á súa propia valoración das cousas e non segundo normas nin convencións impostas desde fora.

Escribiu algús libros, que se perderon, pero todos os indicios fan supoñer que eran de carácter breve e en forma de máximas ou sentencias agudas e irónicas, según din os seus comentaristas. A súa morte, como non podía ser doutra maneira, tamén é motivo de anédotas. Segundo algúns murreu por vontade propia, suicidándose mediante a contención do alento, dono do seu destino e do momento da sua morte. Outros din que finou das dentadas dun can, ou dunha indixestión por xantar polbo cru. E contan tamén otros que ainda soa o eco das gargalladas do sabio de vez en cando e que os seus amigos levantaron un monumento na sua honra, que consistía nunha columna rematada cun can de mármore.