O cádigo delira
E a friúra
A mirada do vello, nos loureiros
Nas maceiras
E nos seus brazos desbocados
Na ribeira que arrola
No matagal
Testemuña do incendio
E a razón do seu encollemento
O cortalume
Nas ruínas das fontes
A diferencia entre a queiruga e a carqueixa
A variedade do carballo enano
O oficial obsoleto que colocou as trampas
E non está seguro
De querer atrapar o xabarín
O albanel entoleado que llas rouba
De cando tiñan o corazón a monte
E furtivo
E tatexo
Da man que celebrou a casa das abellas
-ese recollemento no granito-
as mulleres do meu país
sosteñen este caos.