AS TORRENTES DO ULLA
circular

 

O Río Ulla constitúe a segunda conca independente da comunidade galega. Nace na comarca de A Ulloa (Lugo), atravesa Galiza exercendo de límite natural entre as provincias de A Coruña e Pontevedra para verter as uas aguas no Atlántico formando a ría de Arousa.

No seu tramo inicial -denominado "Alto Ulla"- o río encáixase entre os montes de Ramil e Mácara por un corredor de case catro kilómetros de longo donde se forman uns rápidos de enorme beleza que chamamos "As Torrentes do Ulla.

Durante o ano pasado a empresa UNIÓN FENOSA ENERXIAS RENOVABEIS (Actualmente vendida á italiana ENEL) solicitou licencia para a construción dun aproveitamento hidroeléctrico en dito lugar, o que implicará a destrución dun espacio natural de gran valor ecolóxico e paisaxístico. Para realizar este proxecto a ENEL-UNIÓN FENOSA foille recoñecida por AUGAS DE GALICIA unha concesión de uso de augas que o Estado español tiña feito a favor de Moncabril S.A. no 1962, nun momento no que a siuación política, as necesidades de enerxia e a valoración dos impactos ammbientais eran ben outras.

Un proxecto franquista en pleno 2004?. As CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO, publicadas no Diario Oficial de Galicia do día 9 de Decembro do 2003, son as seguintes: 1.Río: Ulla 2. Caudal máximo derivado 7.000l/sg. 3.Desnivel máximo: 94,75 m. 4.Cota de nivel do encoro: 434,75 m.s.n.m. 5.Cota de restitución: 340 m.s.n.m. 6.O aproveitamento consta dun azude con as seguintes características: - Cota do cauce no eixo: 429,75 m.s.n.m. - Tipo: de gravedad de planta recta. - Altura do nivel do encoro sobre o cauce: 5m. - Lonxitude da coroación: 90 m. - Altura máxima sobre cementos: 10,75m. - Tipo de aliviadeiro: de labio fixo tipo Creager e 60 m. de lonxitude.

Asociacións e particulares de A Ulloa teñen levantado a súa voz para manifestarse en contra dun proxecto que anegaría parte deste espacio natural. Presentáronse máis de 1.300 alegacións ante a Consellería de Industria (estamento encargado autorizar o proxecto) e varios biólogos teñen firmado un proxecto para a petición de Ben de Interese Cultural e Natural deste entorno.

O prazo de resposta da Administración Autonómica ás alegacións presentadas agótase. Mentras tanto, os afectados realizan periódicamente unha serie de actos encamiñados a dar a coñecer ao público en xeral o potencial e a beleza deste lugar organizando rutas de senderismo polas beiras do río

É PRIMORDIAL DAR A COÑECER O VALOR E A BELEZA DE AS TORRENTES DO ULLA. COLABORA CON NOS E REENVÍA ESTA MENSAXE A TÚA AXENDA DE CONTACTOS. DENDE A ULLOA GRACIAS A TODOS E A TODAS POLA VOSA AXUDA