| Queupul |
|
Enfrontado ao dilema de escribir só para os seus peñi o só para os wingkas, é decir, só en mapudungun e de acordo ás regras do súa tradición orixinaria ou só en español como se fora un chileno máis, Queupul preferiu asumir a súa condición de mapuche que vive nunha sociedade multicultural e, por isto, escribir para destinatarios heteroxéneos a través da estratexia do dobre rexistro, como podemos ver neste caso: DIMÚÑ MAMËLL Nëgla afín tëfa chi mapu, tañi dimúñ
mamëll meu. O ARADO DE PAO Quero rachar a terra con meu arado de pao. Despois de Queupul, Pedro Alonzo Retamal deu a coñecer o Epu mari quiñe ülcatun, en 1970. Este titulo, que en galego quere decir "Un dous tres cantos", agrupa un conxunto de poemas que integran a experiencia e o modelo do canto mapuche coas normas da expresión poética wingka. Seus poemas están postos na boca dun campesiño de condición mestiza, que fala cos seus amigos mapuches, mezclando frases en mapudungun e en español, meirante a estratexia do collage etnolingüístico: Mañá Para axudar ao lector non mapuche, evidenciando con isto o carácter
intercultural da súa escritura e a relación intertextual
con un discurso transliterario (a cultura mapuche), Alonzo coloca entre
aspas os termos e frases en mapudungun e engade un glosario a pé
de páxina en cada poema. No caso que temos visto é o que
sigue: A orixinalidade dos seus textos reside na presentación dunha situación de aculturación inversa á que ocorre polo xeral na sociedade rural do sur de Chile, onde a cultura europeo-criolla tende a desprazar e substituir á mapuche. No libro de Alonzo, o falante viviu a cultura mapuche dende neno, deixóuna de practicar na súa vida adulta e desexa recuperala: "Ti me vas ensinar/ "mapu-dugun"/ Ignacio Huechapán/ Eu quero saber, de novo,/ o que dis cando estás borracho/.../ Ti me ensinaches a xogar á choca/ e a "pifilcatún"/ Dende sempre chamábamonos "peñi", / e, cada vez que o tempo nos xuntaba;/ "fta cuifi, peñi Ignacio, chumuleimi...?/.../ Mais, vou voltar de novo/ e, entón,/ debaixo das mesmas pitras/ imos conversar,/ e ti,/ palabra a palabra,/vásme acordar o "mapu-dugun"/ que os anos encheron de esquecemento". ("Quila"). |
|
traducción expoplanetarium
|