Teño entre as pernas un vaso?
Mexo na meixela dereita de deus,
Mentras agardo que me ofrende
A esquerda, mais non fai tal cousa
Báteme.
Báteme ata romperme o nariz
Porque é un macarra
Como case todos nós.
Son tan pobre
Que non teño porta
Para abrir a chave;
E tan rico
Que case que me quedo manco.
Sempre o dixen
O mel é unha loucura
E que cada vez
Que descubro un arañazo no meu corpo
Enmascároo con tapanegativos.
Meu mel é moi caro,
Véndese na farmacia
Para volverte louco de vagar.