O XARDÍN DAS BURGAS, UN PRESTIGE EN MINIATURA.
Por LoLo

Estes días na cidade de Ourense, unha empresa que se ía (e talvez aínda o faga) encargar de facer ún deses balnearios que tan de moda están, na antiga casa de baños da cidade das Burgas pois a piques estivo de deixarnos aos ourensáns/ás sen burgas e desta maneira resultaría unha falacia o poñérlle a Ourense a mencionada "coletilla". Esta empresa (Xardín das Burgas) resulta ser unha empresa que leva cinco anos para a construcción do mencionado balneario. Expertos na materia dín que non é xente de fíar profesionalmente e polo que se vé na primeirísima acción que emprenderon en cinco anos que foi o furado de varios pozos en búsqueda non se sabe moi ben de que? E que en principio tiñan un límite de 12 metros pois foron ata os 60.

Quizais en busca de petróleo. Púidose comprobar. Ao estar no perímetro das augas subterráneas e termais das Burgas (de aí o balneario) alcanzaron de cheo á auga e trasladárona para esa zoa "en construcción" que non hai máis que solar e merda nestes ultimos anos. Como consecuencia disto ás Burgas fóiselle a auga e aínda que a día de hoxe fóise recuperando parte do caudal, xa que se procedeu ao selado dos furados, pois poderían estar tocadas para sempre.

O emblema ourensán por excelencia ou sen tanta excelencia xa que foron e son completamente populares dende hai séculos (públicas) podería estar morrendo nestes intres grazas a unha xente que non concibe máis alá do seu poder, crendo que todo é seu e que ao ser alcaldes , concelleiros, presidentes de diputación etc son uns auténticos reis medievais capaces de apropiar e conceder e desvalixar e foder todo o que se lles antolle. O gracioso é que cren que fan as cousas ben.

Levan machacando a esta cidade durante lustros, convertíndoa nunha ponzoña asfixiante en todos os sentidos que a ún se lle queira ocorrer e maquillándoa con cousas que non deixan de ser ponzoña tamén. E todo para os seus negocios e os negocios dos seus amigotes que tamén, de cando en vez, se meten en política etc etc A súa pedantería garrula consistente na propaganda sistemática do futuro termal para Ourense pegóulles cos canos das Burgas nos dentes e non tiveron máis que recuar un pouco algo avergoñados por mor de a quen lle fixeron a concesión de algo delicado como xa vaticinaba xente de Ourense hai anos.

Esta xente de "Xardín das Burgas" pertence sociolóxicamente a estirpe negociante-constructora do "grande empresariado" galego. Chapuzas, ignorantes e que non vén máis alá do lucro xigante para encher os bandullos cos seus amigotes políticos. Tanto a úns como aos outros dálles igual Ourense "selapela". Dálles igual o de termal ou vivendas ou se tiveran opción, guerras preventivas e cousas polo estilo.

De feito unha paranoia non miña, senón de miles de ourensáns/ás é que esta xentuza puido facer totalmente adrede a necedade dos pozos de 60 metros porque hai moito interés especulativo. Mais de momento son os concesionarios do tema. Hai quen comenta que se lles quite o choio pero é que o choio son moitos cartos e a cousa podería extenderse a anos de litixios e gilipolleces varias. Mentras, veremos como no seu solar de ratas todo se putrefactará aínda máis ao carón do noso amigo río Barbaña que hai quen me tén comentado que un día se suicidará con tanto interés comercial, urbanístico e político.

Falamos de centos e centos de millóns que é do que só saben esta peña mangante. Queren mangar ata o final ata o derradeiro estertor. Chegan ao meollo termal, ás Burgas, como ríndose de todo e de tod@s. Falan de alternativas turísticas de "calidade"...Valeo á merda, o téxtil á merda, precariedade, emigración, asfixie e eles amparados nos seus asesores comerciais só lles interesa o poder e a pela (que é para o que queren o poder). Recochineo ou barbarie.

Aquí inconcebiblemente, polo momento, non reacciona demasiada xente. Houbo unha concentración de duascentas persoas ao carón das Burgas convocada por Adega, agora constituíuse unha plataforma en defensa das burgas e pouco máis. A non ser, claro está, as intervencións opositoras que só de parvos se lles podía tildar senón alzaran un pouco a voz (pouquiño). Pero pouco máis e iso que isto é como o prestige en pequeno. De todos xeitos, a pota esta, dáme que un día rebenta porque tanta cacicada xunta resulta xa unha bomba de reloxería. Devolvemos a conexión!!