A GAIOLA

Alejandra Pizarnik
As aventuras perdidas

Afora hai sol.
non é máis que un sol
mais os homes mírano
despois cantan.

Eu non sei do sol.
Eu sei a melodía do anxo
e o sermón quente
do derradeiso vento.
Sei berrar cara o albor
cando a morte se pousa espida
na miña sombra.

Eu choro debaixo do meu nome.
Eu axito panos na noite
e barcos sedentos de realidade
bailan comigo.
eu agocho cravos
para o escarnio dos meus soños enfermos.

Afora hai sol.
Eu vístome de cinzas.

 

 

traducción expoplanetarium