INOREN ERO NI

(dúas letras desta nova-vella banda de Euskalherria)

OHEAN ETA LASAI (Tranquilo na cama)

As fiestras do hospital de psiquiatría

Están cubertas de neve

Que os golpean fortemente

Nós os loucos, aínda sentimos abertas as feridas

Tras as cicatrices

Nós os loucos, vivimos os golpes cada noite

Malia a que o doctor nos dé pilulas contra a paranoia

O edificio de enfronte é un hospital

Hospital xeneral

Aí xace, tranquilo, na cama, meu verdugo

Tranquilo na cama o vello dictador

Tranquilo na cama

Ancián / en calma

Nós os loucos, aínda sentimos abertas as feridas

Tras as cicatrices

Nós os loucos, desexámoslle a morte

E sentímonos valeiros ao velos morrer

Tranquilos e na cama

Ancián / en calma

Nós os loucos, permanecemos gardados

Tras as folerpas de neve

Tranquilo na cama

Tranquilo na cama

Tranquilo na cama.

 

ONDO BIZITZEKO BELDUR (Medo a vivir ben)

Algúns teñen un gato negro

En lugar de corazón

Xente que mira a vida

Dende a opción da desgraza

As garras destes gatos

Escapan da boca en palabras ferintes

Marmuriando entre dentes

Algo que cheira a envexa

Gatos negros abundan polas rúas

Os que botan en cara ese momento de benestar

Ao que está conforme co de seu

Ata facer que se sinta culpable por encontrarse ben

Medo a vivir ben

Medo a encontrarse ben

Algúns teñen un gato negro

En lugar de corazón.