MANIFESTO DE UNIÓN LIBERTARIA ANTE A RECONVERSIÓN DO SECTOR NAVAL PÚBLICO

Unión Libertaria (24-11-2004)
http://unionlibertaria.org

A ameaza da reconversión naval aparece novamente na nosa comarca. Á falta de pedidos de IZAR-Fene (sen traballo desde agosto de 2003) vai sumandose tamén a crise do conxunto do grupo IZAR. Os medios de prensa e o goberno comezan a ameazar con regulacións de emprego, e atopamonos novamente na mesma encrucillada que nos anos 80, cando a reconversión que levou a cabo o PSOE desfixo prácticamente ASTANO e diminuiu significativamente o persoal en BAZAN.

Asteleiros en loita!

¿Cal é agora a perspectiva? Non se necesita ser adiviño para saber que á falta de traballo podelle seguir o traslado de parte de persoal (algúns traballadores de Fene están xa no estaleiro de Ferrol) e, nun futuro non moi alonxado unha nova tanda de prexubilacións e o peche total do estaleiro fenés. Malia o tremendo da perspectiva, semella que sindicatos, partidos e os movementos sociais da cidade non teñen moita preocupación pola situación dos estaleiros. En plena xeira de "desarrollismo" selvaxe (reganosa, 2º cementeira, porto exterior, campo de golf, etc.) as agresións contra os traballadores da bisbarra e contra o noso entorno natural saen cada vez máis baratas. As cupulas dos sindicatos "maioritarios" perderon todo rastro de vergoña, e lonxe de defender a principal fonte de riqueza da comarca, andan empeñados en apoiar a construccion de empresas perigosas e contaminantes, nas que a oferta de postos de traballo son ridiculas, a cambio eso si, de cuantiosas subvencions.

Cada prexubilacion e un posto de traballo que nunca sera recuperado, un paso mais cara a morte economica e social da nosa comarca. O goberno do PSOE xunto ao clientelismo sindical, pretenden asesinar a nosa cidade, fechando Izar fechan o futuro de moita xente nova que sen lugar a duvidas, estaran obrigados a asumir o tipico topico da emigracion como forma de vida.

Que ningun goberno ou sindicato nos veña a decir que Izar non ten futuro. Os asteleiros da nosa comarca son dos mellores de europa, con obreiros cualificados coñecedores dos ultimos avances tecnoloxicos, con unhas instalacions adecuadas, e sobre todo coa experiencia que dan os moitos anos de traballos ben realizados. O futuro de Izar esta na construccion civil, e na diversificacion de actividades. O veto que a union europea manten sobre os nosos asteleiros, obrigando a construir barcos militares para que o asesino de turno invada calquer pais que se lle antoxe, e un lastre que debe de deixarse atras inmediatamente.

O futuro de Ferrol esta en xogo novamente, é responsabilidade de toda a sociedade defendelo con uñas e dentes, pois toda a nosa sociedade local beneficiase da existencia dos asteleiros, e polo tanto debe ser toda a cidadania a que sai a rua para frear esta nova e ameazante reconversion naval.