Chegada a merda que nos cuspe diariamente a tele, radio, prensa e demáis medios de comunicación ata a liña dos collóns (ou sexa, que nos teñen ata os collóns) un grupo de disidentes fixemos este manifesto a favor (sí, A FAVOR) da piratería.
Se che mola, pásao. Se prefires crer as mentiras da industria -serán verdades para ti- fai con el o que che saia do arco do trunfo.
Carta De: o currante medio, aplastado pola hipoteca, a precariedade laboral, os horarios DE MERDA, e outros abusos sociais -como a caña de cervexa a 2 putos Euros-.
A: Ese músico mediático, desangrado, que se doe tras dunhas gafas de sol na Moncloa, forrado de pasta ata os brincos. Tén collóns ir de rebelde pola vida e terminar nas escaleiras do centro do Estado (por se no captades as sutilezas, o exemplo refírese a Alejandro Sanz, aínda que é extensible a todos os membriños/impresentables que o acompañaban á casiña do Zapatero).
Mira rapazote, na xira que te vas marcar este verán vas ganar máis pasta -facendo algo que che gosta e que en teoría te enche- do que ganarei eu en toda a miña puta vida de curriño, cargando, ademáis, con unha actividade que non me aporta nada persoalmente e coa que, se non fora polo salario adicional da miña moza, nin sequera me daría para pagar o piso onde vivo.
"A música está moi mal" -ximes.
Ti, rapazote, non sabes o que é estar mal.
Que sabes ti de hipotecas, de rebotar dun contrato a outro, de currar a turnos ou de 7 a 7?
Que sabes ti de chegar a fin de mes, ou do que me costa a min plantexarme ter fillos co que piden nunha gardería? Porque, recórdoche que aquí, no mundo real, curramos dous para pagarnos 70 metros cadrados.
"A xente que merca no top manta non ama a música" cuspe outro.
Con que validez moral esixides vós, que vivides a todo trapo de camiño entre Madrid e Miami, sen saber nin os cartos que tedes, ao currante que vós pague os vicios e faga multimillonaria á multinacional de turno? Como se pode ter a cara de plantarse en plan vítima sobre unha vida de luxo? e por ultimo que esquina da manta se reserva aos grupos que empezan, aos grupos marxinados?
A industria abusou -e abusa- cos prezos e as calidades. Só agora que se lle ve co rabo no cú ofrece o que no poden dar os piratas; DVDs con vídeos, extras e demáis. Todo, curiosamente, ao mesmo prezo que antes. Non chorábades que non se podían baixar os prezos? Como vale agora un album que leva 12 cancións no CD e 16 nun DVD (verídico) o mesmo que antes o mesmo album co CD a pelo? Como pode valer un mesmo album en España 18 euros e na Alemaña (contrastado) 20 cando os alemáns ganan máis do dobre que un español?
Agora que as mafias e Internet vós rebentan, agora, que xa no tedes a tixola polo mango, pasades da posición dominante e abusiva á apelación máis rastrera de sentimentos. Pois eu, e moitos coma min respostamos: agora, que vós den polo cú.
Ninguén pode pedirme que lle pague a colección de coches de luxo, o iate e as catro casonas en Miami, na Serra, ou Marbella. Ninguén pode pedir moral dende a inmoralidade.
Asina: Calquer anónimo ata os collóns de sandeces.
Sí señor, ademáis, o artista, do prezo do disco, vén a cobrar por termino medio un 6%, tamén tén a culpa diso o usuario final? Que pasa, non se atreven a ir contra Papá e Mamá e lle cargan o morto ao usuario? e se tén problemas económicos, que deixen as drogas que son moi caras.
|