CÉSAR GAVELA |
Meu avó escondendo unha imaxe da República no fondo dun armario, e a sorpresa da miña nai, unha nena por entón; "Por que gardas a esa señora, papá, con esa gorra tan bonita?". Miña nai uns anos despois, adolescente da "cuenca" mineira del Nalón, camiño de Oviedo nun tren de madeira, coa cartilla de racionamento na man, rodeada de soldados e de fame. Un señor que fora militar de carreira, que foi expulsado do exército por ser leal ao seu xuramento, que estivo preso ainda que non o mataron -case unha miragre, comentábase na cidade- e que sobrevivía forrando botóns na súa pequena vivenda de pranta baixa. Unha viuva de postguerra -seu compañeiro maquis morto nun combate no monte- que eu vía, sendo neno, cando non sabía nada deses amores e desas mortes, ao outro lado da ventá, ela recollendo o carbón que caía das caixas dos camións cando dobraban unha curva moi pechada. Acompañabáa unha filla, tiñan uns cubos de zinc, e isto non é un conto de Dickens. Un policía hampón e sanguíneo que lle daba palizas na comisaría aos presos, aos políticos e a todos. A xente aterrorizábase ao velo pola rúa, e el tamén era feliz con iso. Un pai espiritual que nos advertía que se tiñamos malos pensamentos ao deitarnos, se sucumbíamos a eles -e bastaba para pecar con cinco segundos de extravío- ben podíamos morrer en plena noite e amencer no inferno infinito. Un señor principal da miña cidade que decía que os tempos aqueles eran moi inxustos e crueis, certo, pero que se tiveran ganado a guerra os outros, tería sucedido o mesmo, a semellante infamia. Pero a crueldade que existiu, os corenta anos de odio e de victoria foron os que foron. Non os que nonforon. Destellos dun tempo longo e doente que algúns queren que non exista. Que nunca Tivera existido. Uns porque foron felices alí, baixo a orde escura e as normas despiadadas; outros porque prefiren o esquecemento, o soño, o baleiro. Pero nada máis necesario e profundo que a memoria, que nos constrúe cada día.
|
traducción expoplanetarium |