REPRESIÓN A INDYMEDIA: O MAIOR ATAQUE Á PRENSA ALTERNATIVA EN INTERNET

per Roberto Delgado - La Haine
(11/10/2004)

Cos poucos datos que tanto o FBI como os medios empresariais deron nestes días, é posible realizar unha somera análisise do que representa a represión a Indymedia e os obxectivos da mesma.


Versión oficial dos feitos

O fiscal xeneral de Xenebra, Daniel Zappelli, abriu unha investigación xudicial, tras a denuncia de dous inspectores policiais desa cidade suiza "pola publicación das súas fotos e a dirección e o nome dun deles na versión francesa de Indymedia" (Nantes).

Os dous policías do servizo secreto de Xenebra formaban parte da célula G8, encarregada das investigacións sobre os incidentes ocorridos en Xenebra durante as protestas contra o cumio do Grupo dos Oito de 2003.


Consecuencias

Tras a acción do FBI as webs afectadas quedaron inaccesibles. Horas despois varias páxinas recorrían a servidores alternativos solidarios para poñelas de novo en funcionamiento. A maioría destas páginas estiveron pechadas entre dous e tres días, se ben aínda non todas recuperaron a súa normalidade.

As fotos dos policías secretos, que ata agora fóran vistas en círculos reducidos, son agora coñecidas polo movimento de esquerdas de todo o mundo, xa que continúan accesibles en internet noutras páxinas, e acompañan o golpe mediático que supuxo este feito.

A información sobre os motivos é mínima. "Abrín unha investigación pero non direi nada máis", dixo o fiscal Xeneral de Xenebra.O portavoz da Policía federal estadounidense (FBI) Joe Parris asegurou que a petición de intervir ao proveedor de Indymedia procedeu dos gobernos de "Italia e Suiza", sen dar máis detalles. "Os responsables do Ministerio de Xustiza só cumpriron as obrigacións legais contidas no noso tratado de asistencia mútua", insistiu.

Segundo xornais de Xenebra, foi a policía desa cidade a que recorreu ao FBI norteamericano "para que fixera retirar as fotos".

O que fixo o FBI na mañá do xoves 7 de outono fui achanar Rackspace (proveedor do Indymedia, empresa estadounidense con oficinas tamén en Londres, www.rackspace.com ) e retirar no só toda a información de Indymedia Nantes, senón ademáis outras vinte páxinas web desta rede noutros países.


A trampa e o medo

A primera vista, os dous obxectivos principais desta acción represiva son: 1. Dividir á Rede Indymedia; e 2. Crear medo entre os activistas da prensa alternativa.

1. Con esta acción o poder impón un debate falso na lisataxe interna de Indymedia: "É correcto publicar fotos e incluso datos de policías secretos?". A discusión provocada centraríase nos límites da ética xornalística, a superioridade moral que debe caraterizar aos militantes de esquerda e a necesidade de evitar accións político-informativas que "provocan a represión". Hai páxinas web (Indymedia Madrid, por exemplo) que en ocasións cando publican fotos de manifestacións manipulan as imaxes para taparlle a cara aos policías antidisturbios.

Neste caso, o sistema tenta quedar ao marxe. A súa argumentación sería algo así como "nós non temos intención de pechar medios alternativos, pero se algún incompre a lei non queda más maneira que acatar as decisións xudiciais". Se aceptamos o seu argumento, só nos queda enfrentarnos entre nós, en troques de unirnos na oposición a "este grande ataque á liberdade de expresión".

O que está claro é que hai serias probabilidades de que numerosos activistas de Indymedia caian na trampa deste debate, que pode ser interminable e levar a rachar a unión da Rede global.

2. A cualquera activista se lle poñen os pelos de punta ao ler semellante titular: "O FBI pecha servidores de Indymedia". Se ben este acto represivo representa o maior ataque á prensa alternativa en internet, ata o momento non é especialmente lastimoso, senón máis ben simbólico. A maioría das páxinas web retiradas volveron a estar accesibles aos poucos días, e, máis importante, despois de este feito logran, a través dos servidores alternativos solidarios, unha maior difusión do proxecto e un aumento do número de visitas. Obviamente o poder conta con isto, mais a noticia non deixa de ser impactante.

O que fan os "mandamases" é dar un aviso que pretende meter o medo no corpo: cando deciden atacar ao movimento anticapitalista non hai dereito internacional nin liberdades de expresión que valgan; as forzas represivas actúan con total impunidade.

Isto non quere decir que o feito poda ser o embrión dun operativo a maior escala contra Indymedia que pretenda destruir por completo a actividade da rede virtual. Non descartemos que nos vindeiros meses se produzan outros actos represivos como puidera ser detencións de activistas.

Todo isto dependerá da resposta que demos como movimiento.


O verdadeiro debate: O monopolio da información vése en perigo

A discusión que deberíamos afrontar todos os activistas do movimiento anticapitalista en relación á represión a Indymedia é: Como respondemos a este ataque? Como evitamos este tipo de accións represivas no futuro?

É tarefa de todos facerse estas preguntas. Pola miña parte lanzo algunhas reflexións:

Este feito non pode quedar impune. Deberíamos activar mecanismos de mobilización social na rúa para defender nosos medios alternativos, como charlas informativas, manifestacións, accións de propaganda e denuncia, etc. O escándalo e a concienciación social é o pior enemigo do poder. É certo que os gobernos poden profundizar a represión a Indymedia e outros medios alternativos con detencións e encarceramentos, pero non debemos esquecer que esa é a súa forma de defenderse. Se pola nosa parte tomamos a decisión de deixar de denunciar públicamente aos policías infiltrados e en xeral moderamos a política desenrolada nos medios alternativos, estamos caendo na   trampa que nos tenden, resignándonos a realizar unha actividade informativa delimitada polo poder. En definitiva, aceptando a derrota. O poder actúa cando o monopolio da información vése en perigo.

 
traducción expoplanetarium