Ocúpate do teu propio tobogán
Que non conduza aos seus paraísos
Folla en silencio coas sombras dos teus propios sons
E gruñe pero non cuspas
Non mires, continúa calado
Trovando versos e gárgaras que enmudecen
Que non toquen que non astíen.
Percorre a cidade dun lado ao outro
Pero non sudes más do debido
E se o fas axeónllate a rezar en balde
Porque permitimos pero só con marco
Porque toleramos pero só coa palabra.
Manténte atento a non tentar atender de máis
Disfruta coas maldicións do século XXI
Para iso son do século XXI
Non levantes a voz senón é para berrar gol
Acata polo teu propio ben o ben do noso mal
Se te fas vello non facéndoo o teu é un caso moi grave.
O círculo permitido non debe romperse
Arranxádevos como podades coa vosa música e baile.
Sorríe cando queramos que o fagas
Cando non queramos que o fagas, enóxate
Vendemos numerosos sacos de cemento para ti
Para que podas crear a túa alma
Esa que irá aos ceos en nome do diñeiro
Non te rías nen contestes á nosa oferta
A este mundo que é o mellor dos mundos
Atréveste a contradecilo?, sen dúbeda estás tolo
Ou eres un violento ou un desgraciado.
Todos pasamos por cuestionamentos nesta vida
Pero ún madura dáse conta, percibe...
Que hai que poñer muecas para rirse
Que hai que amar ese novo modelo de automóvil
Que a solidariedade é unha palabra de pronunciación difícil
Qué quen che da o pan para consumir a nosa oferta
É o espíritu santo, deus era o diñeiro
E o fillo érelo ti, xa que te amamos e necesitamos
Que vivas onde queramos, que saias por onde decimos
Que ames o que te propoñemos, que bebas ou que non o fagas
Que fumes, agora non, mañá, que te cases ou non
Que non deixes descendencia ou sí, que cambies de canal.
Hoxe fai as ensaladas con cenoira, sen dúbeda mañá con mazá.
Que nos votes aquí e agora , que aquí e agora nos votes.
Tamén che ofrecemos algunha que outra alternativa
Non debes queixarte, acabarás enfermo e deprimido
Ofrecémoste un día que saias e que te divirtas sanamente
Outra noite disfruta da programación forte na televisión.
Programamos as túas vacacións para que estés igual que en casa
Incentivamos proxectos culturais e tecnolóxicos para o desenrrolo
Da nosa cidadanía e doutras que non o pasan tan ben
Ás veces esquécesenos comentar que nós non sacamos nada a cambio.
As nosas empresas vós alimentan fabricando o que comedes
Vós claro teredes que pór algo da vosa parte...
O mundo é como o corpo humano claro de cando en vez
Colle catarros por virus que tamén existen na sociedade.
A solución xa sabedes é aillalos, pechalos e exterminalos.
Xa se sabe que corrompen aos demáis infectándoos.
Todo isto volo tentamos inculcar día tras día, ano tras ano
A través dos nosos medios de comunicación obxectivos e tolerantes
A través da publicidade en todos os sentidos...
Radio, televisión, prensa escrita e agora os novos medios.
Pero sen dúbeda o medio máis eficaz que temos para
Conseguir que isto siga funcionando tan ben...