RÍOS DE OURENSE

Extraído de: www.arrakis.es/~sloren

En xeral a situación dos grandes ríos ourensáns, que son os citados ó marxen, é calamitosa. Pasamos de ser nos derradeiros vinte anos, a provincia cos mellores ríos probablemente de España, a ter uns ríos francamente contaminados e cada vez con menos vida. Por si fora pouco vamos camiño das 111 minicentrais tercermundistas, que si non se remedia deixarán a provincia esnafrada.   Algunhas asociacións  pronostican que en cinco anos non haberá troita autóctona  en Ourense e non lles falta razón. No 2003 a troita autóctona practicamente non existe, salvo en algúns regatos de montaña...

O río Miño en Ourense estase convirtindo nunha pocilga (bacterias vinculadas coa colitis, coa salmonella, disenterías, etc. son un resultado claro que se deduce dos últimos análisis).  O río Barbaña, que pasa por Ourense, non é un río é unha cloaca. A gran asignatura pendente.   En xulio do 2002 fálase, de depurar o Barbaña, xa se puxo a primeira pedra...e tamén no Miño. De momento cero. En Agosto do 2003 póñense as pedras, pero cada día está peor... 

Fai falta XA  unha acción integral nos ríos galegos: de vixilancia, de vedas, de limpezas, de conservación, de depuración das augas residuais e desagües de granxas, de mentalización, de establecimiento de piscifactorías naturais nas cabeceiras dos ríos , de eliminación de obstaculos para o desove, etc. UN LIBRO VERDE DOS RÍOS GALEGOS PARA SALVALOS. ¡¡¡ INDA QUE PODE SER QUE XA CHEGUEMOS TARDE !!!. Un estudio científico que tome como base estudios xa feitos sobre as concas fluviais de Galicia e non actue de calquera xeito.Unha lexislación que permita denuncia-los delitos ecolóxicos sin os costes actuais (febreiro do 2000). Un teléfono verde que non sexa unha tomadura de pelo ó ciudadano.

Por contra ¿que fai a Xunta?, vexan Vds. o seu plan "de lavarse as mans" publicado en Xulio de 1999. Para chorar. Outra das cousas que potencia son os "mares interiores" ou club fluviais que son un auténtico fracaso.

Razons moitas: por citar unha que salta á vista "a ignorancia dos políticos" máis preocupados por outros temas (que dan votos.). Engadir que en marzo de 1999 aparecen anuncios dos ríos relacionados cós Concellos no diario local. Parece que algo está cambiando en Ourense. En febreiro do ano 2000 podo decir que foi un espexismo.

Resulta incomprensible e paradóxico  que se trate de potenciar o turismo e non se empeze por limpiar os ríos a base do que podría se-la riqueza real desta provincia. As guías de turismo da Provincia, algunha moi boa, como a publicada pola Camara de comercio de Ourense,  non falan da pesca da troita ¿ por qué?. Non entendo os políticos.

Parece que únicamente se potencian os encoros. O Ourense natural : broma o realidad, redúcese nestos casos a paisaxes incomparables, pero pouca  preocupación pola conservación. O Ourense natural, deixa de selo cando se analiza in situ a calidade das augas, a ausencia de vertidos e realmente a conservación do medio ambente. No mes de xaneiro do ano 2000 xa van unha chea de contaminacións graves: o río Miño en Ourense, o río Támega en Verin, o Arnoia... realmente un desastre... En xulio do 2002  hai centos de regatos lamentablemente contaminados e algúns denunciados, sin que se resolva nada.

Según Luis Alfonso Rguez (catedrático no Campus de Ourense) máis do 90% dos ríos da provincia de Ourense, están contaminados de algunha forma, algúns gravemente.  Eran datos do 2001. En xulio do 2002 non hai nada mellorado. No 2003 xa non se fala do río Miño en Ourense...

En xaneiro do ano 2001 aparecen contaminacións graves no río Miño, Barbaña, Lonia, Viñao, Avia, entre outros. Siguen sin resolverse ningunha. O contrario foron a peor. No 2002 e 2003 as contaminancións siguen exponencialmente, cada día peor...

Depúrase pouco na provincia. Prácticamente no hai depuradoras e as que se montaron ou non funcionan ou son deficitarias. Un desastre. Non entendo como os nosos Concellos gastan alegremente o diñeiro que hai e tamén o que vén de Europa, pero nunca en saneamento dos ríos...salvo honrosas excepcións...

Había que depurar as augas e os políticos que non se enteran.

O tema do salmón atlántico, o deixalo morrer en Galicia, o feito de que xa non exista en Ourense, non ten perdón. 

Mentras noutras Comunidades, tómanse medidas serias (por escalas, limpiar os cauces, etc.), en Asturias por exemplo, en Galicia Medio Ambiente está a dormir, ¿por qué? ...Comenzo a pensar que vivo nun pais Tercermundista...polo menos con respeto ó medio ambiente. En novembro do 2002, xa non penso neso, estou seguro que Galicia é un pais Tercermundista en cuidados dos ríos. En agosto do 2003 e despois do tema do Prestige penso que estamos nun pais de mentireiros e que esto vai de mal en peor. Claro que soio un 4% dos galegos creen que temos problemas de medio ambiente... está claro o do país dos mentireiros... Cando digo mentireiros non me refiro o galego sinón os políticos galegos, é distinto...