Ermitaño da medula. |
Dáme moita risa ver a toda esta panda de diputantes que non hai nada cometeron todo tipo de aberracións e escándalos políticos como foi (o máis soado) o do "prestige" ou os seus homólogos castellanos lexionarios de cristo bendito a levar ás españas a puñeteira guerra que aínda continúa. A manipulación total e bestial á que foi sometida a sociedade con todo isto ademáis do acalamento e marxinalidade ou inclusive criminalización á que tamén foi sometida toda a xente que se opuñeu ao anteriormente citado. Non volverei repetir o que todos sabemos, incluso eles, non vou de novo poñer a parir estes temas "estrela". Coido que está moi claro o que supuxo e supón todo isto e a clase de xentuza que son e serán. Vóume centrar noutros aspectos máis "actuais" onde se lles volve ver o plumeiro (se é que en algún momento o esconden os moi fascistas). Agora tras perder as eleccións xenerais do "reino" e como na Galiza segue existindo o seu particular feudo, pois desde este arremeten contra destro e máis ben siniestramente co seu inconfundible cheirume a naftalina opusiana, hipocresía e máis etcétera só por intereses políticos e económicos, só polo poder en sí mesmo. Esta xente só sabe mandar e necesitan seguir mandando ata a morte final senón morren pouco a pouco. Este feudo acáballes de reportar (ou amparándose nel) un novo escano das eleccións máis lexitimantes da "democracia" e da nosa benquerida Europa, onde os que non captamos a mensaxe somos uns ignorantes coma a copa dun piñeiro. Uns paletos vaia. Millóns de paletos habitan a Europa do capital e temos que posicionarnos dunha puñeteira vez se queremos ser roubados, estafados, sometidos, inabilitados e se queremos a libre circulación de mentiras, "seguridade" e racismo ao ancho e longo desta grande nación que lles pertence aos que lles convén e queren que os lexitimemos. Senón pois bocata de salchichón. Algunhas formacións "fóra do sistema" decidiron entrar a trapo nesta desfeita e ademáis puideron ver como as gasta o "sistema democrático". Agora os que segundo o "vaqueiro galego" (pola forma de andar) ás veces tamén están fóra do sistema quedan sen poder "representar" a cidadanía que prefería a praia ou a montaña. Pero estóume desviando da miña "verdadeira" motivación que son os da arañeira de favores e autocares, os do chourizo, boina e cara como cemento armado que ademáis é como queren deixar Galiza como cemento armado que lles supoña moitos beneficios a eles e aos seus amigos constructores e de paso facerse os reivindicativos e nacionalistas da piolla fronte a Madrí que os tén asolagados e a paniauga. Senón xa me gostaría saber como pode ser que lles interese de súpeto tanto esta terra á que eles teñen convertida nun deserto de senectude, nun deserto de desemprego, de contaminación, traballo lixo, de liñas precarias de comunicación interna: ferrocarril (non podo ir directamente, por exemplo de Ourense a Lugo) como deixan e deixaron que se esquilmen os montes que se fodan os ríos que sexamos só parador de turismo relixioso-trasnoitado e que se merenden eles, e como dicía, os seu amigotes as ganancias todas da súa política de cemento e caradura. Xa está ben...non son máis que uns caciques de vella e rancia estirpe e tócame moito os baixos que agora se fagan estandarte das reivindicacións do plan (ou plano) Galicia (ou Galiza). Eles que levan sometido durante lustros a marxinación, a incultura ao desasosego e emigración a miles e miles de galegos e de galegas non poden ter o santo atrevimento de erixirse máis que merda para eles!!. Queren AVE para os seus amigotes... Vou coller eu moitas veces ese futuro podrido tren??... queren grandes autoestradas...grandes portos marítimos e quéreno xa!!. Ese é o plan Galiza? Quen sacará beneficios exactamente del?... que lle den ao plan Galiza... eles débennos moito máis que as súas "grandes infraestructuras" e algún día terán que pagalo. Dende logo facéndolles o xogo políticamente con esa chantaxe que eles mesmos provocaron volveremos a caer no puñeteiro rollo de sempre. Non amiguiños e amiguiñas non son do goberno actual de Madrí. A eses outro día póñoos tamén a caldo se cadra, pero é que estou moi canso desta xentuza medieval e das súas verbas noxentas que me chegan aos miolos constantemente. |