CON LA CARA LAVÁ Y RECIÉN PEINÁ

Ermitaño da medula.

Cos seus modosiños modos e sorrisos prateados, ascenden ao poder coa facilidade dunha base social crispada a base de todo tipo de ostias metafóricas ou non.

E aí están como hai uns anos. De principio estáno tendo moi doado, xa que a maior parte do programa non é deles senón dunha cidadanía asqueada da extrema dereita.

Están aí e aproveitaron a ocasión... de todos xeitos é o que hai??.

Sempre están sistemáticamente aí nos momentos perigosos, cousa que comeza ser un pouco mosqueante: o mellor símbolo foi o xoven candidato acalando coas mans as mostras de xúbilo do votante electorado que non daba creto ao derrocamento nas españas (nalgunhas) do inmobilismo postfranquista. Como dicindo: tranquis tronquitos non vaia ser... que??

Hai que apaciguarse, moderarse é o "cambio tranquilo" ese que paréceme a min significará querer quedar ben con todos (sobre todo con eles mesmos) e ao final moi mal cos de sempre.

Retirar as tropas, pois claro, non te fastidia...comezaríamos moito ben senón fora así.

O trasvase...de momento non, xa se verá o que se fai máis adiante, fágase o que se faga beneficiará a quen beneficiará e non beneficiará a quen non beneficiará. (he,he)

Dereitos reivindicados e cada vez máis extendidos da comunidade homosexual por eles e elas e por xente que non está dentro dela, como non. Non é logro nengún.

Darlle unha pincelada cultural á televisión. O increíble sería que houbera máis lixo do que hai.

Todo moi "progre" pero ademáis de non ser nada doutro mundo, son esixencias e loitas de moito berrar e moi longas no tempo algunhas... puxéronse a tiro.

O pasmo comeza xa moi pronto cando se decide o de enviar de novo tropas a Afganistan. Imos ver, por unha banda gostaríame saber para que? Pobriño país ese que lévaas pagando dende hai a ostia de anos con armamentos, iluminados, exércitos solidarios, sovieticos, americanos, talibáns, nugalláns e borrachóns que ao caer as torres mellizas esas buscaron o chivo expiatorio nesa parte do mundo en extinción. Por que? Para lavar a cara ante macdollars and company? Non vaia ser que nos marxinen de mercadorías de clembuterol e bombas lapa tan necesarias para a guerra química contra os bascos.

Non vender o de exército=solidariedade, para iso xa están os misioneros e as onegués.

Hai moitos que loitamos contra "la mili" non somentes polo servicio inxusto que significaba para nós. Moitos non só non queríamos facer a mili porque foramos uns vagos ou maleantes. Loitóuse un montón de anos para que desaparecera e mira por onde os anos nos que máis se batallou estaban os de agora no poder. Viñeron outros se se pón a tiro e profesionalizaron o exército (por certo marcáronse o pegote os moi fascistas).

Pero é que nós non queríamos nen voluntario nen profesional. Seguimos apostando pola disolución dos exércitos pola destrucción das armas. Armas que se venden e venderon a Afganistán, Irán, Iraq e un longo etcétera, armas que detestamos igual que detestamos eses "exércitos solidarios" que queren vender estes e os outros mendrugos.

Non pasou nen medio ano e veña para Afganistan. Veña, veña no fondo non nos sorprendemos nada e xa o sabedes tamén.

Pero claro estóuno vendo dende un ponto de vista moi egoísta. Quizais hai moita xente, sobre todo a máis nova que sí que vos tén algo de simpatía e espera que chegue unha auténtica revolución. Pasiño a pasiño (iso sí).

Non quero ir de iluminado nen de rappel entón que vaian vendo o Europeístas que sodes o ben que se tratará aos inmigrantes, aos desempregados, aos traballadores. A reducción continuada da contaminación ata límites irrisorios, as poucas ostias que dará a policía se alguén lle parece mal (por se acaso) tal ou outra cousa, o recoñecimento nacional das nacións que existen no chamado estado español e un senfín de cousas que de seguro demostraredes como se fan nestes anos de porvir.

Polo momento seguide aproveitando o malestar hacia a dereita e estirade coma unha goma de mastigar a conxestión de moitos anos de medievo nas españas.

Despois todo cambiará.