LUMES FORESTAIS
Arde.lle o eixo!! Extraído de Galiza.indymedia.org

Hai 40 anos que ven sendo así e xa dende aquela a hoxe deu para saber por quén, cómo e por qué. O noso monte arde por causas directamente relacionadas co ser humán (o 85% dos sinistros) vencelladas á súa vez a motivaciós de carácter estructural, isto é: socioeconómico .

Entre elas, unha é especialmente relevante: o desmantelamento forzoso do agro galego por parte das administracións locáis e centráis, empeñadas en nos demostrar a 'inviabilidade' do modelo de xestión tradicional frente ás 'maravillas' da industria agroforestal europea. De resultas da consecuente inadaptación que resultou da transición dunha economía de subsitencia autárquica a outra dependente do mercado (e por máis que os teóricos economistas sigan dando por sentada a ineficiencia da unha frente á outra) hoxe o que temos, amáis dunha crise rural sen precedentes, é un abandono absoluto dos montes, que deixaron de constituir o marco das actividades productivas dunha cultura milenaria para se converter nunha depreciada "terra de ninguén" moito máis axeitada para o control por parte das industrias do gran capital. Baixo ese proceso foi como se impuxo a expropiación dos montes en mancomún galegos, a desastrosa concentración parcelaria , as cuotas leiteiras , os monocultivos de pirofitas , os encoros , os parques eólicos , as canteiras a ceu aberto e as centráis térmicas , as incineradoras , as autovías de peaxe... É unicamente nese contexto de evidente dirixismo colonial onde hai que procurar situar o grave problema do lume no noso país, e non en interesadas elucubraciós imaxinarias.

Por iso, resulta máis que insultante escoitar os desvaríos do conselleiro de medioambiente, levado polo furor policial do xacobeo a falar da necesidade de iniciar un proceso represivo entre a xa diezmada e nonaxenaria poboación rural para acabar cunha suposta trama mafiosa incendiaria, presunta responsable da inxeniería pirotécnica dos nosos montes. Estamos moi de acordo en que esa mafia existe, non cabe dúbida, pero non hai que se ir moi lonxe das oficiñas de San Caetano pra ir topa.la.



Arde.lle o eixo!!

que na consellería de medioambente gástanse ao ano só neste tema cerca de 7020 millóns das antigas pesetas (en todo caso diñeiro público) para non resolver nada en absoluto dende hai máis de 15 anos, que os datos sobre os incendios son sistemáticamente falseados ano tras ano por ser flagrantemente evidentes e acusadores, cousa recoñecida po.l@s propi@s traballadoras/es do sector , que as labouras de extinción son un boiante negocio manexado por empresas públicas como Tragsa ou privadas como Remolcanosa (tristemente coñecidas por facer o seu agosto na máis q discutible xestión do desastre ecolóxico do Prestige e pola súa vinculación coa corrupción política en casos como o de Cuiña ), que o plan INFOGA é un fracaso total dende o principio e que o plan forestal galego (PFG) é unha das máis mentireiras e patéticas trapalladas que se teñan visto no eido da xestión de recursos naturáis, que se ten rexeitada tecnoloxía punteira para a prevención de incendios forestáis ofrecida po.lo mesmisemo CSIC, que non existe actualmente nengunha campaña de educación medioambiental real no sistema pedagóxico galego, que non se gasta un só peso nos sinxelos procedementos de recuperación das areas afectadas tra.los incendios a diferencia do que fan outras comunidades , coa conseguinte desertización e perda do solo fértil de miles de hectáreas, que o lume sigue sendo excusa para a recalificación de terreo en beneficio do sector urbanístico e viario, do mesmo xeito que durante anos serviu para idénticos procedementos nosector madereiro (todos eles ben implantados entre os cargos da administración autonómica), que o propio Romay Beccaría, conselleiro laureado , ex-ministro do réxime fascista, foi o mesmo que en plena crise do Prestige non tiña empacho en afirmar: "España nunca fué mejor" namentras os mariñeiros tiñan que recoller o chapapote coas súas propias mans, que outros cargos da mesma consellería adícan.se, coma nos vellos tempos, á caza maior de especies protexidas...en definitiva, que non existe o máis mínimo interese en atallar o problema dende instancias administrativas porque o problema sempre foron eles mesmos . Isto non significa que debamos esquencer a responabilidade que tod@s os galeg@s temos no asunto ou que non debamos plantexarnos seriamente a necesidade de artellar soluciós por algunha vía posible, pero dadas as surreales circunstancias políticas que veño de referir, creo que é evidente que o grau de responsabilidade está claramente descompensado. E se do que se trata é de enfocar o problema dende un punto de vista estrictamente xurídico (cousa pouco desexable) o que realmente haberá que replantexar.se é porqué a día de hoxe o código penal espanhol segue a encadrar os incendios forestáis como delitos contra a vida ou a integridade física das persoas , e non coma o que son: un delito contra o medioambente no seu conxunto, ou seña, contra un ben común difícilmente reificable (nin o que arde son as 'cousas' nin os afectados son as 'persoas' , se non o mesmo ecosistema planetario a nivel xeral). Só se esta inadecuación penal se subsanara, a cuestión da autoría quedaría axeitadamente encadrada no contexto da responsabilidade política, que é onde debe estar se queremos permitirnos falar con xustiza dos 'incendiarios' . Así pois, cada pau apande coa súa vela.

Po.lo tanto, se o monte arde é principalmente na medida en que beneficia a quen xestiona o lume e a destrucción ecolóxica do país no seu conxunto coma se fora só un recurso explotable máis; máxime cando aínda por riba permite seguir remodelando salvaxemente o territorio coas actuaciós que xeneren os máis sustanciosos dividendos en ben determiñados petos, permitindo a creación de novas e innecesarias autovías, a implantación de ruinosas liñas de alta velocidade (AVE) ou aceleración dos trámites na construcción de minicentráis hidroeléctricas e outros similares proxectos de alto gravame ecolóxico e indescifrable sentido social, pois gracias ao lume póden.se minimizar fácilmente costos na valoración e xustificación do impacto ambiental conseguinte neste tipo de desproposito, desatendendo xa de paso, as esixencias cidadáns ao respecto. E así, baixo a inexorable lei do capital, onde xa non hai nada máis que cinza, todo negocio é factible.

Mentras tanto, os medios de información nas súas mans seguirán intoxicando á opinión pública con ridículas paranoias sobre contuvernios incendiarios, nos que non terán reparo en acusar como xa teñen feito noutras ocasiós aos mesmos ecoloxistas, por outra banda demasiado adurmiñados como para facer frente de xeito organizado e común á sistemática destrucción do noso país.

Esta é a historia e así é a cousa. Agora es ti quen debería tomar partido e decidir quén debe arder primeiro (de queimados ao lume!!) ;P