Area a terra máis anónima
Feitas de area as columnas do desparaíso.
E o ar do planeta Terra
De area,
De area os satélites,
Urano,
Tamén Venus
Da area.
Expulsando area os corazóns,
Atraendo area. Area.
Mais non só area.
Xunto coa area a bágoa esencial
E unha vasilla enchida de sangue.
Entre a area tamén vós, rotos
Reloxios, cartas
Amareladas, diccionario
Liliputiense, oxidado
Escudo de Esparta;
Tamén vindes vós.
Mais todo váise perdendo cada noite
Coma ti ou a lus;
Cada noite non queda máis que area
Baixo a lus cruel. Area
Area a terra máis anónima,
Feitas de area as columnas do desparaíso.