MATANDO A MÚSICA?

"La Tira de Papel" nº 28
Extraído de galiza indymedia em 09-06-04
Alma Martínez - Traballadora da Industria Discográfica.

Esta era a frase bandeira da campaña antipiratería, antes e despois, xa temos escoitado outras, "tira da manta, sé legal", "piratas non" e un longo etc. Si é certo que a industria da música está sufrindo un varapao importante, non sei se podemos falar de crise. Con este escrito tentaremos analizar por que apareceu a piratería que deu lugar á chamada crise, como se está a defender a industria e como se prepara para o futuro.

Probablemente, todo comeza coa era dixital: triunfa (ou fan triunfar) o soporte compact disc sobre o chamado vinilo. O compact é moito máis barato de fabricar, almacenar e transportar, circunstancia que non fai que os prezos venta ao público baixen, senón que, incluso, son máis elevados.

As multinacionais, tamén chamadas majors, remasterizan e relanzan en compact disc todos os seus catálogos, as cifras de vendas producen mareos. Son anos ( a década dos 80 e 90 ) realmente rendables para a industria que acumula grandes beneficios.

Cos beneficios e a previsión de bonanza, as majors lanzáronse a mercar todo o que podían: catálogos, discográficas independentes que se afundían ao perder a súa esencia, contratos blindados de artistas que resultaron a ruina, etc

Estes fangos

E a cobiza perdéulles, apareceron as copiadoras, os MP3 e a xente descubriu que podían grabar os CD por menos dun euro e que os precios dos CD orixinais eran desproporcionados e para iso a industria non tén resposta.

Cando determinados artistas din que o seu "royalty" (pago ao artista por copia vendida) é ridículo, tén razón, cando os autores queixanse de que ganan menos que ninguén, tamén levan razón. É certo que agora as majors ganan menos, pero sempre ganan eles, un pequeno exemplo das súas marxes:

PVP (cd medio) - 18,00 €

IVE (16% s/PVP) - 2,48 €

PPD* 15,52 €

Marxe distrib. (30%), tenda (20%) - 7,76 €

SGAE (9,009% ) - 1,39 €

"Royalty" medio por artista 12% - 1,86 €

Beneficio neto Industria - 4,51 €

A industria quéixase de que a piratería (eles chámana mafia) vai sempre por diante, mais a realidade é que a súa unica resposta é a represión. Apareceu NAPSTER, certamente, facía algo ilegal porque empregaba masters que colgaban na rede sen pagar por isto ao seu dono, pero a xente contaba o do euro, e se baixaban as cancións coma se fosen churros. Chegou a represión, os tribunais, NAPSTER pechou, pero xa había miles de páxinas onde baixar a música.

Sementáronse as cidades de mantas, a xente mercaba, a industria pedía máis policía, máis represión, sacaron a vellas glorias folclóricas a "montar números conta a piratería", relacionouse as mantas coa mafia da inmigración, coa exclusión... pero a xente seguiu mercando delas.

Apareceron logo os arquivos P2P, onde dous usuarios intercambiaban seus arquivos de música, e que levaron a 200 deles aos tribunais nunha tentativa máis da política do medo... pero a xente seguiu intercambiando arquivos.

SGAE pecha filas coa Industria, pide aos seus socios (autores e editores) unha porcentaxe da recaudación dos seus dereitos para loitar contra a piratería, falamos de moitisimos millóns de pesetas, esixen dereitos de autor en sitios inimaxinables ( fio musical en ascensores, habitacións de hotel, etc) denuncian que os CD virxes son para grabar música e ganan nos tribunais o dereito da copia privada (canon por comprar CD virxes), aparece a asociación de internautas, decláranse a guerra mutuamente. A día de hoxe, SGAE reclama á asociación de internautas 36.000 euros nos xulgados por lesionar súa honra. De novo, a represión.

A realidade é que é incontrolable, as persoas e o software van moi por diante das medidas de represión e control, as majors, nunha tentativa de reducir perdas deciden cortar polo tramo máis feble, EMI despide miles de traballadores, WARNER tamén, pechan subselos e marcas da súa propiedade.

WARNER anuncia que vai se mercada por un "grupo de inversores", BMG e SONY MUSIC fusiónanse, UNIVERSAL compra o catálogo de MUXXXIC... Aparecen novos despidos, unha fusión ou compra supón departamentos duplicados (2 xefes de producto, 2 de marqueting estratéxico, 2 de promoción), centos de persoas vénse na rúa.

Aparece o formato DVD e de novo relanzan todos seus catálogos no novo soporte, volven masterizar todos os seus fondos musicais e volven vender o vello coma novo, nas grandes superficies vemos caixas con 5 discos tituladas "o mellor de" e seguen sen baixar os prezos.

O que nos espera.

A Industria di que o soporte (LP, MC, CD, DVD) está ferido de morte, os máis optimistas dánlle cinco anos de vida. O futuro está nos dereitos: dereitos sobre cancións para vender en internet, para sintonías de móbiles, para vídeos por teléfono. A comunicación pública é a chave do negocio.

Evidentemente, para un desenrolo do "seu" negocio moito máis "competitivo" que o   que temos agora, sobra xente en todos os departamentos da Industria.

Hai uns días un amigo que traballaba nunha major explicóume como foi o proceso de despido dunha compañeira súa: chegou o luns ao seu posto de traballo e atopóuse no seu posto a outra persoa, preguntou e lle dixeron que viña a substituila, baixou ao departamento de persoal e sen máis palabras déronlle unha carta, estaba despedida; entregáronlle uns papeis e convidárona a abandoar o edificio. Máis represión e explotación.

Coido que ninguén está matando á música, a música é patrimonio das persoas. A Industria está utilizando a alarma social da piratería para reestructurarse, para organizarse de cara ao modelo de negocio que teremos nos próximos anos. Estatísticamente, as persoas que mercan discos nunha manta ou intercambian arquivos musicais non corresponden ao perfil de comprador de discos orixinais. O comprador de discos orixinais corresponde a unha persoa de mediana idade con ingresos estables, precisamente o perfil de persoa que eles despiden.
traducción expoplanetarium