Hoxe propóñome
fundar un partido de soños,
Obradoiros onde reparar ás de colibrís.
Admítense tarados, enfermos, gordos sen amor,
Tolleitos, ananos, vampiros e días sen sol.
Hoxe vou
patrocinar o candor esfarrapado.
Esa crítica masa de Deus que non é nin pos nin moderna.
Admítense proscritos, rabiosos, pobos sen fogar.
Desaparecidos, debedores da banca mundial.
Por unha
calella
Escachada
Por unha man
Ben apretada.
Hoxe vou
facer asamblea de frores murchas,
De desfeitos de festa infantil, de piñatas usadas.
De almas en pena -do reino do natural-
Que outorgan licencia a calquera artefacto de amar.
Polo levante
Polo poñente
Por un desexo
Pola semente
Por tanta
noite
Polo sol diario
En compaña
E en solitario.
Á
de colibrí
Lene e pura
Á de colibrí
Para a cura.