LIBERDADE AOS PRESOS ANARQUISTAS DO 26-S

Chile. Por Anonim@ | COMUNICADO DE PRENSA para a súa máxima difusión.
PLATAFORMA POLA LIBERDADE DOS/AS PRESOS/AS POLITICOS/AS DO 26-S

Fronte aos últimos feitos ocorridos durante o mes de setembro, e en especial o achanamento e detención de seis mozos na madrugada do día 26, a Plataforma pola Liberdade das/os Presas/os Políticas/os de o 26-S, declara o seguinte:

1.- Rexeitamos a represión e amedrentamento de que hoxe somos obxecto como Anarquistas, as investigacións encubertas e a maquinaria policiaco-militar orquestrada dende o Ministerio do Interior e a súa policía secreta, a Axencia Nacional de Intelixencia, ANI, como asemade, a arbitraria investigación emprendida polo Fiscal Xefe da Unidade de Delitos Menores, Leonardo da Prida.

2.- Hoxe se nos criminaliza só por ser Anarquistas, por expresar unha opinión política distinta, nun país onde paradóxicamente se fala de democracia e de liberdade de expresión. A policía emprega os mesmos métodos violentos, os achanamentos, torturas, encarceramentos, montaxes e persecución que se empregaban na ditadura de Pinochet. A ANI, a policía secreta chilena, como método de xustificar a represión policial coloca unha bomba incendiaria na porta da sede do Partido Socialista, a que curiosamente é atopada pola policía antibombas. O goberno, respondendo ás presións do empresariado e a dereita política, fabrica unha montaxe, un show mediático, preparando un escenario para a prensa, mostrando botellas baleiras e aserrín, libros e afiches como proba de actividade subversiva. As únicas probas que pesan sobre nós sónvos conxecturas. Todo este escenario mediático serviu ao goberno para desviar a atención nunha situación de Paro Nacional.

3.- Chile atópase hoxe ante un escenario caótico, ante unha crise que se manifesta por unha desigualdade nos ingresos sen precedentes na historia chilena, unha vergonza para un mundo civilizado, onde un sector minoritario da poboación, os políticos e empresarios, viven na opulencia, gozando dos seus millóns e dos privilexios do capitalismo neoliberal, mentres a maioría traballa esclavizadamente para levar soldos de fame ata os seus fogares.

4.- Mália aos seus anuncios e boas intencións, os políticos e empresarios demostraron a súa incapacidade para resolver as necesidades máis básicas do pobo, sumindo á maioría do país na desesperanza, a miseria, excluíndo e segregando ás persoas pola súa situación económica, sen poder percibir dende as súas mansións e departamentos de luxo as carencias en que viven millóns de chilenas/os produto dunha organización Estatal que privilexia o gasto militar e os beneficios empresariais por sobre o benestar da poboación.

5.- É por isto que os/as Anarquistas volvemos a manifestarnos, levantando a bandeira da LIBERDADE, da emancipación da maioría dos/as marxinados/as, por unha sociedade sen Estado, políticos, patróns, exércitos ou xerarquía eclesiástica: unha sociedade organizada dende a base, nos barrios, poboacións e comunas, federativamente, exercendo a democracia directa, sen representantes nin intermediarios, e que mediante a autoxestión produce unha convivencia baseada no apoio mutuo e a solidariedade activa en lugar da caridade egoísta que xustifica e promove as diferenzas clasistas.

6.- Facemos un chamado a todos/as os/as libertarios/as, de Chile e o mundo, e á poboación en xeral para que solidarice cos/as presos/as políticos/as que se atopan hoxe no Cárcere de Alta Seguridade, CAS, e no Centro de Orientación Feminina, COF. POLA LIBERDADE DE TODOS/AS OS/AS PRISIONEIROS/AS POLITICOS/AS E A ELIMINACION DOS CÁRCERES DO CAPITALISMO. PLATAFORMA POLA LIBERDADE DOS/AS?PRESOS/AS POLITICOS/AS DO 26-S Levamos un mundo novo nos nosos corazóns... Ese mundo está medrando neste intre...