COMUNICAZÓN AOS IX ENCONTROS DE DEREITO PENITENCIARIO DE GALIZA

Comisión de Denuncia da Galiza. OURENSE, 6-7 OUTUBRO DE 2006


"(...)Puede afirmarse la validez -y la necesidad-de sostener una lucha por la "revaluación" de los derechos fundamentales de los reclusos alentada por el ejercicio de un derecho de resistencia. Ello supone atender a la experiencia desarrollada por otros movimientos sociales que han protagonizado luchas de resistencia encaminadas al reconocimiento de mayores cuotas de derechos fundamentales (...)Semejante tarea no puede ser cumplida (no puede continuar siendo monopolizada) por los juristas. Una nueva imaginación sociológica deviene necesaria(...) Iñaki Rivera Beiras."Los movimientos sociales de Defensa de los Dºs Fundamentales de los Reclusos(1993)"Parte IV.TESE DOUTORAL.

MECANISMOS SOCIAIS DE DEFENSA DOS DEREITOS DAS PERSOAS PRESAS.

Pode semellar ousadía ou oportunismo a cita (descontextualizada, de certo) dun dos relatores nestes Encontros. Máis, por resumiren a tese desta comunicazón , non resistimos a tentazón de encetarmos estas liñas ca cita do Profesor Rivera Beiras.

Hai un feito do que partimos: a xestión do Encerro Penitenciario non é quén de garantir o respeto aos dereitos fundamentales dos pres@s. Con honradez, esta afirmazón é unha simplicidade, dado que a privazón de liberdade pugna (ou debia facelo) ca nosa concepción básica dos dereitos humáns. Máis aceitando que existe a privazón de liberdade como pena, afirmamos que a Cadea e a lexislazón penitenciaria non é quen de garantir o resto dos dereitos dos presos que non fican restrinxidos pola sentenza condenatoria ou o "sentido de la pena"?.

Esta afirmazón non é voluntarista ou "aprioristica". A non ser que se estime que unha Instituzón na que morreron no ano 2005, 265 persoas (excluindo suicidios) garante de xeito real o dereitos a vida dos recluidos. (fonte INFORME DA CPT do ano 2006, baseado nas cifras da DGIP e a Generalitat). Ou a non ser que se estime que unha Instituzón que no ano 2005 foi denunciada como responsable de situazóns degradantes en 62 ocasións e por 78 persoas garante de forma efectiva o dereito a dignidade e integridade das persoas presas (mesma fonte).

É habitual escoitar que o número de denuncias non é relevante, senón o número de sentenzas condenatorias. Tambén é resposta oficial e reiteradada a que afirma que as denuncias son falsas, como se na cadea non houbera mais que "mentirosos patolóxicos".

Esa propaganda oficial (porque nin como argumentario poderia calificarse) decae perante a realidade. En primeiro termo, semella que calquera preso que formule unha denuncia penal entra nun estado de privileixio na sua estancia carcelaria. Eso é incerto,o plantexamento de denuncias non supón mellora algunha na situazón penitenciaria do penado, ao contrario . Por qué esta reiterazón en "denunciar falsamente" , (aceptando a tese da Instituzón Penitenciaria) se o pres@ non obtén ren en troca? Por qué atacar frontalmente a Instituzón que exerce un control case-absoluto sobre o recluso sen nengúnha mellora viabel?.A tese de que as denuncias son falsas choca co propio sentido común , ca máis básica racionalidade.

A propaganda institucional penitenciaria afirma que o relevante son o número de sentenzas condenatorias non o numero de denuncias. Máis ese é un argumento puramente formal, propio de xuristas teóricos ou de responsabeis políticos sofistas e que oculta o difícil que é obter unha sentenza condenatoria perante as dificultades materiais para formular denuncia dende a cadea.

Por si o tiñamos esquencido, a praxe é que perante una situazón de maltrato a un pres@, éste é destinado a isolamento provisional (como medio coerticitivo); difícilmente pode contactar con outros pres@s que poideran comparecer como testemuñas. O isolamento imposibilita o contacto con apoio exterior social e xuridico que facilite unha óptima confeción da denuncia. As máis das veces o pres@ non pode senón redactar nunha instancia modelo do centro unha denuncia, manuscrita, dificilmente lexibel.

Esa denuncia é remitida ao xulgado competente por intermediazón do Centro Penitenciario. Mais días de retraso. Cando a denuncia teña entrada no xulgado e supondo un iter procesal escrupuloso , o pres@ estará as máis das veces de "kunda" cara a unha cadea diferente. Como ser examinado polo Medico Forense? Qué indicios da denuncia van subsistir?

Asemade, os medios de proba son custodiados pola Instituzón Penitenciaria. Ela é a que xestiona , CON PERSOAL PROPIO , a asistencia sanitaria ao pres@. Os informes da situazón clinica do pres@ están en poder da Prisión. Tamen é a Cadea quén realizara os informes precisos , de identificazón de funcionarios de quenda , etc.....Realmente , recabar medios de proba bastantes para enervaren a presunzón de inocencia da que gozan (afortunadamente) os funcionarios carcelarios e así obter unha sentenza condenatoria é un fermoso exercicio teórico.

De todos xeitos, o sistema funciona....ou non! En quente narramos un feito do que tivo coñecemento esta Comisión de Denuncia. Un preso formula unha denuncia por presuntos malos tratos en EL PUERTO DE SANTA MARIA. A denuncia vai dirixida ao xulgado de garda. Pois ben , un mes despois recebe notificazón de auto do XULGADO DE VIXIANZA PENITENCIARIA (ao que o preso non se dirixira!!!) .O auto desestima a queixa do penado BASEANDOSE NOS INFORMES REMITIDOS POLA CADEA. Para que máis proba? Esto non é un exercicio teórico.

Porén . é obvio que os mecanismos que poden funcionar noutros entornos, non o fan na cadea.

Que debemos facer? . Son moitas as propostas no eido xuridico, como creazón de protocolos de actuazón dos xulgados nesta materia, canles de comunicazón axiles e confidenciais con xulgados, obriga legal de presenza do MEDICO FORENSE perante unha denuncia por malos tratos, medidas cautelares de protezón para o pres@ denunciante,....Mas os velatorios destas xornadas tratatarán dabondo esta materia.

Inda no eido xurídico, hai mecanismos que debemos aproveitar; referimonos, en concreto, ao PROTOCOLO FACULTATIVO da CONVENZÓN DE REPRESSON DA TORTURA . Este obriga ao ESTADO ESPAÑOL a crear un MECANISMO PREVENTIVO NACIONAL , que realizará visitas irrestrictas aos centros de detenzón. Estimamos que esta figura pode ser outamente positiva, mais tememos que a escolla dos integrantes ou a forma de creazón deste MECANISMO poda limitar a independencia que normativamente se lle dotou. Neste sentido,ESCULCA , unha das asociacións que integran a COMISION DE DENUNCIA DA GALIZA , ten presentado un proxecto de creazón dun mecanismo deste xeito, con competencia na Galiza e actuazón sectorial en control dos CENTROS DE MENORES, nos que a Admnistrazón Autonomica Galega ten competencias.Neste proxecto, ESCULCA propón un mecanismo de de escolla dos integrantes de segundo grao, por medio da eleizón das persoas por de Asociazóns ou Entidades ,non depedendentes da Administrazón e que non presten servizos asistenciais en Centros de Menores.

No eido social estimamos urxente:

· Facer un traballo de visibilidade da tortura ou tratos degradantes dentro da cadea.Non exclusivamente en foros academicos, senon tamen ca presenza na rúa, diante das cadeas, denunciando socialmente ca movilizazón social o que dentro delas sucede.

· A colaborazón e implicazón cas familias dos pres@s. Na comisión de Denuncia participan activamente familiares de falecidos na cadea e centros de detenzón; estamos seguros que escoitar a sua voz é imprescindibel en foros coma éste , e obviamente , sería mais interesante que dar lectura a estas liñas.

· A coordinazón dos grupos sociais e xurídicos que traballan na defensa (mellor sería reinvidicazón, porque se defende o que se ten e se reinvidica do que se carece). É imprescindibel que a informazón circule entre grupos, sexan grupos que actúen dentro da cadea ou fora, que presten servicios de tipo asistencial ou que fagan traballo de denuncia.É necesaria a implicazón da Universidade e das corporazóns profesionais:non pretendemos coincidir en todos os plantexamentos, mais si que estamos certos que a informazón debe circular libremente, de forma protocolizada e con respeto a vontade do pres@ , de xeito, que poidamos ter coñecemento, dentro do posibel do que pasa dentro da cadea. Rachemos tradizóns, deixemos de lado o noso minifundismo; ésta sería unha nova caste de nova imaxinazón socioloxica.

Para rematarmos, debiamos lembrar que non estamos tod@s, faltas os pres@s. Galiza, 2 de outubro de 2006.