|
ESKIZOFRENÍA |
|
Ermitaño da medula |
|
Queres tradición toma represión. Precisas citar aos bós e xenerosos. Onde están quen eran? Falas de artificio quizais o sexa, mais... non foi máis fastuoso que miles de persoas polo noso ben nos falaran nun idioma non seu? (agora noso) Intelectuais amoldados á cultura dominante facendo as beiras cos territorios ocupados, pode que galegos pode que escritores moitos cocidos no pote desa españa. Xente pobre castigada, xente pobre emigrada, represaliada, reprendida, azotada. Non sabían ler nin decir Guadalajara moitas ían de chachas. Esqueces a raíz desta terra vas facer migas co burgo decrépito das barras e estrela branca ou vermella, non coas suas xentes: co burgo decrépito. Lugar onde hai tanta riqueza que non se podía ser pobre se non fora polo saqueo real, permanente, abafante. Augas contaminadas sempre por traidores. Xente en camións. Xogas a múltiples bandas cheas de extensas contradicións. A xente nos choios fala en galego. As empresas punteiras non saben de gaitas. De feito ás veces as gaitas aburren ata aos antergos. Rural matriarca deserto europeo, español e galego ocupado por forzas de noxenta paz, vendido, revendido, devastado e apropiado polo grande capital que non sabe de idiomas agás na televisión en forma de publicidade. O partido controla ao rebaño, todos os signos son apropiados, se os usas és do partido que controla ao rebaño. O partido que controla ao rebaño na cidade galega despois está o país. Os partidos falan galego, a administración fala galego: o galego reapropiado por todas as máscaras interpretando a longa noite de pedra infinita e duradeira. A xuventude fala español. Castelao é unha puta. Vánna descabardar. (dácheme igoal) Miles e miles fóronse e miles e miles se van. Miles miles voltan e miles e miles voltarán. Doutros lares virán así coma nós noutros lares. Todos todiños todos movidos polo capital. A vivir que son dous días. Quedarse é morrer, morrer é marchar. Tampouco imos comparar. Cada ún fala da misa segundo lle vai. Vai mal. O moderno é o global, o moderno é ser europeo aquí e en kazajastán. Incluso en Melilla ou Gibraltar. Coas botas postas morreu un cabrón exterminado indios. Coas botas postas policías vixían as rúas. Coas botas postas a policía galega. Coas botas postas coa forquita e o sacho. Coas botas postas pisando as uvas. Coas botas postas pisando esterco. Coas botas postas pescando besbellos. Coas botas postas fodendo. Coas botas postas o vinte de novembro. Pringados de negro e de gris van pasando os tempos. Mais se porfía en riscos ou piñeiros. Mais se porfía na españa do centro. Samaín o único invento no novo país sen pais moi concretos. Para algúns andaluces para outros cataláns, os modernos, europeos e os reaccionarios casteláns. E assim é como se faz. Uns vam bem e outros mal: Viva el el mal, viva la bola de cristal. |