MANIFESTO DA COORDENAZÓN EUROPEIA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES.
París, Outubro 2003

A Marcha Mundial das Mulleres representa a firme vontade que temos as mulleres para cámbiar o mundo. No ano 2000 millóns de mulleres mobilizamo-nos para denúnciar a violéncia de xénero e a feminización da pobreza.

Esta loita continua, e todas as organizacións que conformamos a Marcha Mundial de Mulleres en Europa pedimos-vos un novo esforzo reivindicativo e de moblización no próximo ano 2004 para manifestar-nos, intercambiar experiencias, facer-nos ver e ouvir, para propor aos governos e aos membros da sociedade divil os cámbios necesários para mellorar as condicións e a calidade de vida das mulleres. para dar a coñecer as nosas propostas para unha nova Europa.

Separan-nos miles de quilómetros, vivimos diferentes realidades, pero compartimos soños e esperanzas. Mulleres de todas as orixes e nacionalidades, de orientacións políticas e sexuais diferentes, pero todas mulleres inconformes que non se resignan a indignidade.

A raiba móve-nos, mobiliza-nos, esperta-nos. Cada unha de nós a sente nun momento ou outro. Cando unha muller é asasiñada, golpeada, acosada, violada ou desprezada. Cando unha patera desaparece nas augas do estreito de Xibraltar, sepultando as vidas da xente que tentou buscar unha vida mellor. Cando a cobiza dos señores do petróleo deixa a sua viscosa pegada de morte e destrución nas costas e nos areais, golpeando unha vez máis a unha povoación empobrecida. Cando reducen os gastos sociais e aumentan os gastos militares.Cando no noso nome inician unha guerra. Cando nos din que a economia vai ben e reducen os gastos sociais; cando o salário non chega para ter unha vida digna: cando nen siquera chega un salário.

Na orixe destas raibas moitas veces hai leis, intereses , prioridades ...pero non son as nosas. A guerra, a marea negra, a pobreza, a violéncia de xénero deixan ao descuberto as misérias duns governos europeos submetidos aos intereses mercantís, que non se preocupan nen da xente nen do futuro. Son as prioridades dunha Europa que non queremos.

Frente a esta Europa de cobizosos mercaderes, as mulleres da marcha Mundial queremos unha Europa de todas. Queremos unha constitución que recolla a plena equiparación de mulleres e homes na vida política, económica, social e cultural; que garanta os dereitos sociais e a calidade de vida; que defenda e perserve os sistemas públicos de protección social; que permita a chegada e a integración das persoas imigrantes; que defenda o dereito de autodeterminación dos povos; que recolla o dereito das mulleres a dispoñer do noso corpo e a elexir o noso modo de vida, a nosa sexualidade, a nosa orientación sexual.

Queremos que o 22 e 23 de maio do ano 2004 as mulleres europeas, xunten as suas raibas, as suas inconformidades e provoquen desde Galiza , o pais máis occidental de Europa, punto cero da marea negra do ano 2002, unha marea máis impactante que a do Prestige, que obrigue aos governos europeos a priorizar a vida e o futuro. Unha Europa da igualdade, a xustiza e a solidariedade.

 

POR UMHA EUROPA DE TODAS

DIFERENTES SIM, DESIGUAIS NOM.