Ambrose Bierce

O OFICIAL DE POLICÍA E UN NUGALLÁN

Un inspector de policía cando viu un Oficial mallando nun nugallán indignóuse e díxolle que se volvía facer algo semellante botaríao do corpo.

O Oficial dixo mentras sorría:

-  Non sexa tan duro conmigo, pégaballe cun pao recheo.

-  De todos os xeitos - insistiu o Inspector de policía- , foi unha prerrogativa que

Debe ter sido moi pouco agradable, aínda que quizais non lle doera. Espero que non se repita.

O Oficial sorrindo aínda, dixo:

-  Pero era un nugallán recheo.

Ao querer expresar a súa gratitude, o Inspector de policía, impulsóu a súa man dereita con tal violencia que se lle rompeu a pel do sobaco mentras caía a serradura da ferida.

O Inspector de policía estaba recheo.

 

ASÍ NACEU O OCIO

O Tempo eran cartos para un home que se estaba atragantando co almorzo, pois perdía o tren. Apoiara o seu xornal na azucareira e lía mentras comía. No seu apuro e total distracción, meteu o garfo para coller "pickles" no seu ollo dereito e ao sacar o garfo, levóuse o ollo consigo. Ao mercar uns lentes, o gasto innecesario deles para o ollo dereito levóuno á pobreza en pouco tempo e o Home para quen o Tempo eran cartos tivo que adicar o resto da súa vida pescando na punta dun espigón.

 

UNHA GUERRA IMPRESCINDIBLE

A xente de Madagonia eran grandes inimigos da xente de Novacatán polo que atacaron algúns mariñeiros Novacatianos que ían nun veleiro, deixando dous mortos e doce feridos. Despois de que o Rei de Madagonia se negou a indemnizar ao outro país, o Rei de Novacatán declaróulle a guerra, dicindo que debía demostrar que a matanza dos seus súbditos fóra inxustificada. Nas posteriores batallas a xente de Madagonia asasinou dous mil cidadáns de Novacatán e feriu a doce mil. Sen embargo os Madagonianos non triunfaron, cousa que lles mortificou tanto que, dende entón, non houbo en todo o seu territorio un cidadán Novacatiano que non correra o perigo de perder as súas posesións ou a súa vida.

 

O ELECTOR PENITENTE

Unha persoa pertencente á Sociedade para Dictar Resolucións Respetuosas na Memoria dos Membros falecidos recibiu, cando morreu, a debida atención.

-  Meu Deus! - exclamou o Soberano elector mentras lía a lectura das resolucións-

Que grande perda para a nación! E pensar que unha vez votei en contra dese anxo para o cargo de Inspector dos Pechos dos Portais das Prazas Públicas!

O Elector Supremo, arrepentido, impúsoxe como penitencia, o privarse de toda influencia política aprendendo a ler.

 

SANTO E PECADOR

Un distinguido oficial do Exército de Salvación díxolle a un pecador perverso:

-  Meu amigo, no pasado fun pelexo, ladrón e un asasino. A Gracia Divina fíxome o que son agora.

O pecador perverso repasóuno de arriba a abaixo.

- Pois, a verdade - dixo-, agardo que a Gracia Divina non me axude nunca.

traducción expoplanetarium