8.6.07

POCILGA LITERARIA. ESCRITURA PODRECIDA DE ESPERANZA

Cando o desmedido narcisismo da adolescencia abocóume á escritura como forma de facerme admirar polos demais tanto como eu mesmo me admiraba, o tema que inmediatamente asaltou as miñas páxinas foi o da denuncia social.

A educación moxigata que recibimos dende a infancia nos predispón xa para ese xénero de sensiblerías. Cun ton no que se fundía un sentimento de mágoa polos desposuídos e o instinto de rancor cara aos seus explotadores, empeñéime en revelar a todo o mundo o que todo o mundo xa sabía. Conmiserativa, moralizante, bienintencionada, a miña escritura exhalaba simpatía cara aos traballadores, os marxinais, as mulleres oprimidas, as vítimas do racismo, os pobos do Sur, etc. É dicir, escribía para aqueles entre os que eu non me contaba, a cuxo mundo non pertencía, e relatáballes sen descanso iso que cada día, desde a mañá ata a noite, tiñan diante dos seus ollos: o intolerable da súa discriminación, o insufrible das súas penurias, a iniquidade do Capital e o seu aparello de Estado, a colaboración da Igrexa e da Cultura coas súas opresores, a brutalidade do exército, a forma en que a burguesía dominante os embaucaba e desmovilizaba a través das ideoloxías pacifistas e da democracia, etc. Malgastaba, pois, a miña escritura, xunto a esa camaradería ruidosa que os explotados que me servían de tema (alimentando así a miña vaidade de escritor, e de escritor comprometido), e xunto a unha afectación de piedade na que aínda reverberaba o meu adoctrinamento relixioso na escola e na familia, malgastaba, sobre todo, indignidade e esperanza.

Indignidade de falar por outro?, como adoitaba repetir un filósofo francés. Quen era eu, quen son agora, para falar en nome dos demais, para explicarlles, desde a miña posición superior de home instruído, a salvo das distorsións ideolóxicas, que é o que en realidade lles ocorre, por que, desde cando, en beneficio de quen, e ata o que deben pensar e o que deben facer para superar a súa penosa situación? Indignidade dos intelectuais que pretenderon educar, concienciar, organizar e liberar á clase obreira, todo iso sen padecer unha soa xornada inhalando gases tóxicos na fábrica e dependendo do xornal que mata aos poucos para sobrevivir. Pero, tamén, sen amar no profundo, secretamente, ao xefe algunha vez. Sen detestar á metade dos compañeiros e ser indiferente aos problemas da outra metade. Sen abrigar, de cando en cando, a ilusión de converterse mañá en empresario. Sen... Indignidade dos homes que describen de que forma son oprimidas as mulleres, que senten e como deben emanciparse. Indignidade dos cordos que declaman en favor dos tolos, e dos psiquiatras que falan por eles. Indignidade da raza branca ao pretender comprender o corazón do negro e como sufriu baixo o seu xugo. Indignidade da cultura occidental cando anhela, por exemplo, liberar ás mulleres musulmás da tiranía dos seus homes ou exportar o seu sistema político en detrimento de calquera outra forma autóctona de organización non-democrática. Indignidade do home integrado analizando e explicando o subsolo psíquico e emocional da marxinación. Indignidade do criminólogo absolutamente incapaz de perpetrar un crime. Indignidade do psicólogo. Indignidade do sacerdote. Indignidade do mestre. Indignidade do pai. Indignidade da maior parte dos escritores.

Esperanza dun mundo perfecto, sen opresión, sen violencia, sen dominación; Reino da Liberdade e da Xustiza, igualitario, civilizado, fraternal; Mundo Ideal no que se refracta de modo indecoroso o Paraíso dos cristiáns, e que ten o mesmo efecto sobre as poboacións: efecto do opio, da morfina, de todo aquilo que nos afasta da realidade e fáinola máis soportable, engañifa? para manter suxeito ao home, esperanza. Esperanza de achar, se non foi xa descuberto, o modo de canalizar aos homes cara a ese Paraíso. Esperanza de que a escritura, á súa vez, coopere en devandito proxecto redentor, habilitándose para ilustrar?, iluminar?, desalinear? e seica tamén mobilizar?. Esperanza de que a nosa existencia, grávida de sentido polo sublime da Causa á que se entrega, sexa dalgún xeito máis vida? que a dos outros, manipulados, ideoloxizados, enaxenados. Indignidade da esperanza.

A salvo deste círculo oprobioso das Grandes Tarefas, O Que Podemos Facer Polos Demáis, as Emancipacións, a Solidariedade e o Compromiso, o pastor Basilio, que nunca fala por ninguén, nada espera dos homes, nada da súa propia escasa palabra, nada da súa vida de xexún de esperanza. Digno no seu discurso que só trata do seu, digno e certeiro na súa desesperación, este home, que me regalou a súa amizade, aparécelleme hoxe como a antípoda rigorosa do deplorable escritor progresista. Antípoda da abxección. A miña antípoda, se sigo sendo o que era.

A miña propia ignominia como escritor lastrado pola esperanza, conciencia separada que usurpaba a voz dos outros, fíxome por fin evidente, laceriosa, insoportable. Chegou entón a hora da mítica, e me ensoñéi de abandono e Fuga. Volvendo os ollos aos labirintos do interior, decidín non escribir máis que de min mesmo. Sortearía, así, a indignidade. Toda iría ben de ser certo aquilo que crin descubrir no meu corazón. Pero enganábame. Non coñezo introspección máis mentireira que a miña. Cada vez que penso nos meus móbiles, ou nos meus determinantes, engánome sen remedio. Indignidade de falar acerca dun mesmo Témome que claudiquéi ante outra forma, máis sibilina, de esperanza: esperanza de achar no meu cerebro os medios con que explorarme, esperanza de chegar a saber algo de min, esperanza de aferrar a capacidade de comprenderme, esperanza de ser dalgunha forma e poder encargar á miña literatura que arroxase luz sobre ese pozo da miña identidade, a esperanza do acto de conciencia e do autocoñecimento...

En verdade, non se nada de min. Non me creo. Non me intereso. Míntome a propósito. Todo canto escribín entón á mantenta de min apesta por iso a epopea. Autodefinínme como fuxitivo?, ser atormentado que fuxía das ideoloxías, da familia, da propiedade, do traballo, da patria. Fuxitivo de min mesmo, espírito da Fuga. E o pior de todo é que de novo vía aí (no nomadismo, a quebra, a ruptura, na escapada) a forma de cambiar o mundo, de contribuír polo menos á súa transformación. Consideraba, en calquera caso, que unha estratexia da fuxida incansable evitaría de seu o apresamento insidioso en lugares políticos de complicidade, permitiría manter limpas as mans, emprender o camiño de volta á inocencia. Fuxir da posición de explotador tanto como da de explotado; non oprimir nin ser oprimido; nin traballar nin facer traballar; renunciar a todo o que dá o Estado e a todo o que aburguesa; e non seguir hábitos, non fosilizarse, non permanecer en ningunha terra o mesmo que en ningunha idea. É posible que eu fuxa?; pero ao longo de toda a miña fuxida busco un arma?, adoitaba repetir. Fidel á Fuga, e aborrecendo a instalación, escaparía -pensaba- a todos os mecanismos de control social, viviría a salvo de todas as máquinas normalizadoras e integradoras deste mundo. Inocente?, sería tamén dalgún modo libre?. Debo recoñecer que, para este xiro do meu pensamento, foron decisivos algúns libros (o Anti-Edipo?, de Deleuze, particularmente; pero así mesmo os textos de Foucault, de Artaud, de Bataille, de Nietzsche,...). Era eu, por aquel entón, excesivamente vulnerable á palabra escrita...

A esperanza de coñecerme, que corrompeu este afán meu de recuperar a dignidade, pronto enlazou, así, con esa outra esperanza de conservar a conciencia tranquila, as mans limpas, o corazón intacto. Ridícula esperanza de preservar a saúde nun mundo enfermo, a bondade entre os malvados, a inocencia nunha cova de ladróns... Construín unha épica da Fuga e presentéime como heroe da evasión interior. Mentín sobre min mesmo e escribín demasiadas páxinas seica sen valor. A esperanza volvía arruinar o meu traballo. De novo moi lonxe de min, Basilio nunca fuxiu de nada, sempre foi a mesma persoa, dedicou toda a súa vida a un só oficio e mantivo ao longo dos anos un pensamento mínimo pero invariable. Non perde o tempo examinándose; bástalle con coidar das súas ovellas. Matarife, vendedor de cordeiros, sábese suxo e sábese cómplice. Degola. Trafica. Negocia coa burguesía dos carniceiros; enriquéceos. Trata con tipos desaprensivos, intermediarios e especuladores. De costas ao Estado, Basilio dá con todo a cara (diría a alma) ao Capital. E non se arrepinte diso: Ás veces debe ún bicar mans que quixese ver cortadas. Brecht xa o admitiu: Desgraciadamente, nós que queriamos preparar o camiño para a amabilidade non puidemos ser amables. Coas súas mans suxas, intranquila a súa conciencia, culpable como todos, Basilio polo menos non se engana. Xamáis depositou a súa esperanza nesa especie de hixiene absoluta do corazón. E no que concerne ao autocoñecemento, a súa postura apela tamén á desesperación: Non sei se me coñezo, pero dame igual. Non sei. Penso noutras cousas?.

E en que punto áchome agora, con este artigo sobre a mesa? De novo engánome? De novo constrúo un mundo épico? Mitifico? Que forma de esperanza impúlsame? Continúo presentando a miña vida como epopea, e a min mesmo como heroe? Apesto a vaidade? Desesperei? Así como non me coñezo, coñezo a Basilio? Desesperou? Existe o concepto do valor destas páxinas? Non sei. Penso noutras cousas?. Indignidade de todo escribir.

Pedro García Oliveira
Tirado de La Haine

www.pedrogarciaolivoliteratura.com

INDEPENDENCIA??

Este pequeno desbarre pretende aportar o seu grao de area ao debate que semella abrirse ultimamente (e afortunadamente) en certas áreas do movemento de resistencia libertario, autónomo, antiautoritario… ou como se lle guste chamar sobre as loitas de liberación nacional e independencia.

En primeiro lugar deixar patente a crítica ao nacionalismo tradicional de esquerdas (do de dereitas xa non paga a pena falar) como representante por medio das súas organizaciós obreiras, partidos, sindicatos, asociacións… do mesmo que pretenden combatir: delegación, centralismo, dependencia e subordinación a unha estructura política superior. Este rexeitamento do nacionalismo estatalista e autoritario na que a “vangarda” son as organizacións armadas autoproclamadas liberadoras do povo (sexa ETA, EGPGC, IRA, T. LL…) leva a moitas persoas de ideas libertarias a identificar calquer loita pola liberdade e identidade dun povo coa loita pola implantación dun sistema paralelo pero “nacional” con toda a súa carga negativa: estatista, xerarquía, racista, demócrata, autoritario, represor, patriarcal e moito etc…

E non ten porque ser así. Calquer loita pola liberdade, a autoxestión e a igualdade debería pasar polo respeto e compromiso coa independencia total, en principio do individuo, despois de abaixo ata arriba creando espazos de liberdade e autonomía, pasando polo contorno local, o ámbito social e nacional no que se desenvolve cada ún cada unha, e así, a loita das comunidades naturais contra eses enxendros artificiais que son os estados e o capital centralistas, xerárquicos e explotadores e que provocan u odio e a guerra entre povos que someten, e non é a ideoloxía xustificadora dunha minoría privilexiada autóctona frente a outra minoría foránea (o PNV ou o populismo rexionalista de Fraga é un bó exemplo, creo).

Non se pode caer na simpleza de tomar as loitas de liberación nacional como enxendradoras de novas estructuras estatistas e verticalistas, aínda que esa é a idea que nos queda despois de coñecer ao nacionalimo tradicional, cambiar esa idea e empezar a moverse nese senso está nas nosas mans.

O poder e o capital tende a uniformarnos e facernos dependentes de todo o que lles convén. Loitemos. Pois, pola diversificación e a autonomía dos valores particulares da xente cun vínculo popular común. Mais sen caer noutra simpleza: crer que o nacionalimo é por sí só a panacea que nos liberará, fáille falta unha boa dose de condimentos asamblearios, libertarios e de solidariedade.

Xa está ben de teorías emancipadoras universalistas (fillas do pouco realista idealismo-romántico burgués), de pallas mentais, de paraísos revolucionarios que nun futuro darán saída acertada aos particularismos nacionais. A revolución fáise dende que se toma conciencia do que se quere facer, e está en cada unha e en cada ún de nós. Creando xuntas e xuntos as nosas alternativas de loita, respostando aos pisotóns do sistema fáise revolución, trocando día a día os valores que a sociedade nos fai interiorizar e matando ao facha ao adultócrata, ao policía, ao machista, ao individualista, ao consumista, ao autoritario, ao insolidario que todas e todos levamos clavado, tamén se fai revolución.
E por iso que nos decatamos de que a liberdade, a autonomía e a independencia parten de cada unha e cada ún de nós como unidades humanas que somos e váise compartindo de abaixo a arriba coa comunidade coa que nos sentimos dalgún xeito unidas e unidos social, natural, etnica e limguisticamente, creando identidades meirandes descentralizadas e independentes entre elas. Unha especie de rede de solidariedade, apoio mútuo, autoorganización e respeto entre comunidades.

Ou sexa que unha comunidade será máis libre na medida que os individuos que a conforman o sexan e viceversa.

Por último decir que este concepto de independencia non está reñido coa idea de ser cidadán ou cidadana do mundo. Se non podemos sentir os dous sentimentos é unha pérdida de capacidade de relacionarnos.

Esperamos que este debate siga facendo rompernos a testa.
Saúde: Amor e Autonomía.

Javi (principios de febreiro do ano 9º da era Orwell)(1993)
Tirado do fanzine Noxxxo.

POÈTE NOIR / POETA NEGRO

Poète noir

Poète noir, un sein de pucelle
te hante,
poète aigri, la vie bout
et la vie brûle,
et le ciel se résorbe en pluie.
ta plume gratte au coeur de la vie.

Forêt, forêt, des yeux fourmillent
sur les pignons multipliés;
cheveux d'orage, les poètes
enfourchent des chevaux, des chiens.

Les yeux ragent, les langues tournent
le ciel afflue dans les narines
comme un lait nourricier et bleu;
je suis suspendu à vos bouches
femmes, coeurs de vinaigre durs.

Antonin Artaud


Poeta negro

Poeta negro, um seio de moça
te obsessa,
poeta acre, a vida meneia
e a cidade incendeia
e o céu se reabsorve em chuva
a tua pluma raspa o coração da vida.

Floresta, floresta, olhos formigam
em pinos multiplicados;
cabelos de tormenta, os poetas
montam cavalos, cães.

Os olhos raivam, as línguas circuitam
o céu aflui às narinas
como um leite nutricional e azul;
estou suspenso das vossas bocas
mulheres, corações de vinagre, duros.


[trad: alberto augusto miranda]

posted by incomunidade

CAMBIO CLIMÁTICO, EN SERIO?

Nestes últimos meses é difícil abrir un xornal, prender a radio ou a televisión e non ter varias novas sobre cambio climático: gobernos que toman medidas, empresas que se poñen as pilas, expertos que alertan das consecuencias, que explican os procesos, tertulianos todólogos que descobren mediterráneos climáticos.... E eu, persoalmente, confeso que xa estou farto, todo cheira a moda.

O do cambio climático e o famoso efecto invernadoiro son cuestións que para un reducido número de persoas é un fenómeno que se comezou a falar hai xa uns trinta anos, así que esta especie de febre climática actual é unha medida, en certo modo, do que tarda en pasar o debate dende círculos científicos e ecoloxistas á sociedade en xeral, tres décadas. Sirvan estas verbas como (auto) homenaxe á persoas e colectivos, de aquí e acolá, que hai xa moitos anos estabamos preocupados por este fenómeno global.

Cumpriría preguntarse por qué se tardou tanto logo; obviamente pola presión en contra dos lobbys correspondentes: o enerxético, o petrolífero, o automobilístico... asociados a determinadas marionetas políticas, por exemplo sucesivos gobernos republicanos nos Estados Unidos, tépedos gobernos demócratas e papanatismo europeo. Neste contexto é impagable a labor feita por determinados científicos cuestionando resultados durante máis de tres décadas; a cuestión estaba clara e o único que fallaba por coñecer era a magnitude do fenómeno e a súa escala temporal. Aínda descoñecemos cousas, obviamente, pero iso non debería ser impedimento para actuar.

Agora, coa moda climática, parece que a cousa vai en serio. Parece: se ben todo o mundo ten na boca o quentamento global, ninguén parece disposto a facer nada serio por mudar a situación. Salvo propaganda. E negocios.

O núcleo do problema está na producción de enerxía a escala global, obviamente é unha cuestión a resolver pero neste contexto hai que lembrar que o único watio limpo é aquel que non se consume. Esto contrasta co brutal incremento do consumo enerxético, a pesares de que parte desa enerxía xa é renovable nunha fronteira diluída entre o negocio e a especulación con cachondeo incluído: agora resulta que as grandes eléctricas son as compañías máis “sostibles” e para que o saibamos fannos anuncios con xente guapa, paxariños silvestres e idílicas paisaxes. Vale.

Se esto fora en serio, e centrándonos xa en Galicia, habería que mirar canto se destina a aforro enerxético en contraposición co que se destina á producción, habería que contrastar cánto se destina á cambio climático e cánto se destina ao transporte privado por estrada, é dicir, cántas autoestradas están neste momento a ser construídas e/ou ideadas? Por poñer exemplos concretos, por qué se está a facer unha autoestrada entre Lugo e Monforte por Sarria, habendo unha liña de tren paralela e semiabandoada a 20 metros? Por qué se está a facer unha autoestrada Brión- Compostela en vez dun metro ou tren lixeiro de superficie? E así poderíamos recitar, sen pensalo moito, unha ducia de lamentables exemplos. Esas autoestradas terían estado ben, hai 80 anos, xustamente, non hoxe. Por outra banda, os vehículos son cada vez máis potentes (compárese un coche medio dos 70 cun dos 90 ou cun de hoxe en día), claro que dirán os tecno entusiatas que hoxe en día son máis eficaces. Poderíamos pensar en reducir os límites de velocidade en estradas e autoestradas como fai non moito fixeron en Bélxica, pero claro aí están os lobbys do motor cos seus símbolos: a Fórmula 1, o Dakar, o mundial de motos, etc, a santa velocidade.

Pero podemos seguir: por qué se subvencionan os voos de baixo custe? Qué interese pode ter o Estado en pagar románticos fines de semana en Roma?

Claro que o de culpar as persoas dásenos moi ben. É bonito poñer a parir aos que empregan enormes e estultos 4x4 dicindo que contaminan moito, pero sendo esto rigorosamente certo, o que realmente nos fode é a súa arrogancia e poderío económico. Postos a poñer a parir é moito máis útil perseguir aos camións, é dicir ao transporte de mercadorías por estrada; por qué non viaxa todo por tren, por un tren eficaz. Postos a pensar, por qué glorificamos o sector da construcción como motor económico cando é un sector que derrocha envía fervenzas de CO2 á atmosfera. E falando de construcción, quén son os responsables da planificación territorial que obriga a miles de cidadáns a vivir na periferia das cidades e empregar o vehículo privado da cotío?

O problema é que para todo esto hai que pensar, tomar decisións importantes, efectuar quizais algún pequeno sacrifico: todo elo medidas levemente impopulares que ningún dos nosos políticos teñen o que hai que ter para por en marcha. Nin nos tampouco. Pero benvida sexa a moda climática.

Xabier Vázquez Pumariño
Tirado de vieiros

IBERTROLA

ADEGA ven de apresentar as súas suxestións ao rocambolesco proxecto de IBERDROLA para facer unha central soterrada baixo o Canón do Sil. Esta delirante infraestrutura pretende bombear pola noite a auga do Sil até o cumio do canón para logo turbinala polo día e aproveitar as bonificacións por enerxía renovábel. Alén desta fraude económico-ambiental, o proxecto ubícase dentro do LIC Canóns do Sil, parte da Rede Natura galega e conlevará unha brutal alteración paisaxística nun lugar de excepcional beleza e atractivo turístico candidato a Patrimonio da Humanidade.


O proxecto contempla a construcción dunha central de bombeo/turbinado soterrada a carón do encoro de Santo Estevo, no concello de Parada do Sil de donde se elevaría a auga até un encoro artificial de 37,5 hectáreas, 800 m arriba do río no cumio do canón. Dende eiquí deixaríase caer por gravidade para turbinala e producir electricidade. Tanto o encoro como as kilométricas conduccións subterráneas ubícanse nas ladeiras do LIC Canón do Sil, espazo integrado na Rede Natura galega.

Esta obra faraónica implica un importante movemento de terras e unha intervención profunda (e nunca mellor dito xa que furaría todo o macizo) nun espazo protexido, provocando un ferinte impacto paisaxístico nun lugar onde é precisamente a paisaxe o seu valor fundamental, foco de atarcción turístico a nível europeo.
Alén disto, este tipo de instalacións de enerxía hidráulica por bombeo agochan unha cara escura no seu funcionamento. Non xeran enerxía neta senón que aproveitan as diferentes tarifas existentes para bombear consumindo enerxía pola noite e turbinar xerando enerxía polo día, e deste xeito beneficiarse das subvencións existentes para as enerxías renovábeis. É ademáis un feito gravísimo que Ibertrola afirme que esta obra non vai afectar ao Canón do Sil e que constitúe un exemplo de “aproveitamento sustentábel”. É posíbel que a empresa entenda que o desenvolvemento sustentábel consiste no seu desenvolvemento, sustentado por todos/as nós.

É doado pretender beneficiarse das subvencións públicas que pagamos todos/as e non deixar ningún posto de traballo na zona. O que sí deixa é unha degradación brutal da paisaxe e das condicións naturais que repercutirá negativamente no turismo da Ribeira Sacra e comprometendo a súa declaración como Patrimonio da Humanidade.
A este respeito, o Sr. Benito Carreño, actual alcalde de Parada do Sil, foi consultado por ADEGA sobre o proxecto, manifestando que o Concello xa aprobara a memoria inicial e alegando que traerá moita riqueza para a zona, pero descoñecendo detalle algún do proxecto. É responsabilidade dos representantes municipais enterarse do que asinan e aproban. A ignorancia e o descoñecemento non xustifica a gravidade das consecuencias deste nefasto acordo.

O Sr. alcalde non considerou a repercusión negativa no turismo, nen as consecuencias ambientais do proxecto dunha obra que durante case 8 anos, vai xerar un escaso volume de emprego, que será práticamente nulo na fase de explotación. Por este motivo ADEGA quere alertar á veciñanza da Ribeiera Sacra e a toda a cidadanía galega sobre esta desfeita, animando a todos/as a expresar o seu rexeitamento no propio concello de Parada do Sil.