26.4.07

O ESTADO NON É A PATRIA

Reconozcamos a plena servidume intelectual e real e comenzaremos a saber como nos faremos ceibes.

Cada un, un centro; un poder, unha forza autónoma. Cada un sabendo e querendo o seu propio eu.
…as ideas iluminan, os feitos emancipan…

Porque o estado non é patria, senón a representación máis perfecta de centralización.
Porque a patria é un sentimento que xurde do recoñecimento que cada ún fai de si mesmo, e que na relación cos demáis fáise colectivo.
Porque os oprimidos desexan a emancipación total e real, e saben que a centralización é imposición. E porque o saben son radicalmente anarquistas, pénseno ou non.
Porque nós temos conciencia do ideal e desexamos practicalo, vivir a anarquía, loitamos contra o estado e contra todo tipo de centralización; reivindicando a patria como o espiritu colectivo nace como defensa da identidade dos oprimidos.
E porque Galicia, Euskadi, Paises Cataláns e o resto dos pobos do mundo existen como pobos, inmersos nunhas cordenadas determiñadas que os definen como naciós.
E porque España pola contra, non existe como tal senón que o que existe é unha estrutura superior que non se pode considerar como nación, e si como elemento de opresión.
E por todo elo que creemos que a patria non é un día, senón que se fai a cotío coa nosa defensa da identidade individual, cando loitamos por saber cada un de nós ser o noso propio dios, o noso propio rei, o noso propio todo. Cando o sepamos, a solidaridade será un resultado e a centralización empezará a ser un pasado.
E por todo elo que vemos que a loita tense que encamiñar a lograr que o único poder que exista sexa o poder que cada ún de nós tén sobre si mesmo e sobre nadie máis, poñendo así fin a base do centralismo, que é o poder, que ún ten sobre varios.
E por todo elo que nin recoñocemos a liberación total naqueles proxectos revolucionarios que esquecen o sentimento popular de nación e o de patria que leva parello nin naqueles que recollendo estes sentimentos non descartan unha futura centralización (tal vez dun territorio mais pequeno, con outros nomes –centralismo democrático popular-, e con outras capitales)
E porque todo esto é así, loitamos pola emancipación total que non é máis que o recoñecimento do proceso revolucionario no que se conxuguen, e non se poidan disociar, a liberación individual, social e nacional.
É por elo que pretendemos a rebelión total á absorción do grupo e do individuo, facendo da nosa loita un levantamento contra a máis pequena centralización.

FAG (Federación Anarco-Comunista Galega)

Tirado de ARCO DA VELLA (revista de pensamento libertario galego. 1981)