A AUTOPISTA
xa que tanto insistesen que mo corte
vou explicarche
e será a primeira e derradeira vez que o faga
por que levo o pelo longo
levo o pelo longo
porque o exército estadounidense
ofrecía unha recompensa
de dous dólares
por cada cabeleira de indio
que se lle entregase
e os que a cobraron
así como os soldados
e mandos superiores
do exército estadounidense
levaban o pelo curto
ou moi curto
levo o pelo longo
porque o exército franquista
na corrada da casa na que nacín
rapóulle a cabeza
a unha das mulleres da miña familia
o seu home
acababa de ser fusilado
por negarse a defenestrar
pícaros de peito republicanos
e os soldados que lle raparon a cabeza
así como o resto das tropas
e mandos superiores
do exército franquista
incluído o puto francisco franco
levaban o pelo curto
ou moi curto
levo o pelo longo
porque no campo de concentración de mauthausen
aos deportados españois
como ramiro santisteban
o supervivinte octoxenario que mo contou
aos deportados españois
unha vez á semana
os sábados
facíanlles o que entre eles se coñecía
como A Autopista
isto é
rapábanlles o pelo ao cero
desde a fronte cara a atras
a autoestrada
e máis adiante
cando hitler estaba perdendo a guerra
con ese pelo
forrábanse as botas dos soldados alemáns
con ese pelo
e todos eses soldados alemáns
como tamén os que os sábados colaboraban
no mantemento da autoestrada
xuntos cos seus respectivos mandos superiores
o fillo da grande puta do fuhrer á cabeza
e xunto co resto do pobo alemán
levaban o pelo curto
ou moi curto
levo o pelo longo
porque na terceira galería
do cárcere provincial de oviedo
a galería dos menores
os que mandaban nela os kíes
en certa ocasión dixéronme:
ou che cortas o pelo ti
ou cho cortamos nós
e acenderon os seus chisqueiros
e tanto eles
como os funcionarios de prisións
o seu traballo consistía precisamente
en evitar que se producisen feitos como ese levaban
o pelo curto
ou moi curto
levo o pelo longo por outra razón tamén:
moitas das mulleres que coñezo
asegúranme que con el así de longo
estou moito máis guapo
e aparento moitos menos anos dos que teño
así que no canto de estar dándome a brasa acotío
con que a ver cando vou a que me corten o pelo
mellor calas a puta boca eh!
e deixabas
medrar o teu
David González. Poema inédito.
http://www.davidgonzalezpoeta.com
<< Início